Luís Suárez, con apenas 20 anos, sufriu torturas nos calabouzos da DGS non unha, senón dúas veces, a mans do policía Antonio González Pacheco, coñecido como Billy el Niño. Agresións horribeis que o facían desexar a morte mentres os torturadores bebían cubalibres diante del. Agora, aos seus 69 anos, Suárez presenta unha querela contra Billy el Niño e outros dous funcionarios policiais por crimes de lesa humanidade.

Faino aquí en Madrid ante os xulgados da Praza de Castela. Os seus avogados e o colectivo CEAQUA, que interpuxeron unha querela contra o mesmo individuo en Arxentina, cren que máis de 60 persoas demandarán individualmente ante a Xustiza española.

Durante todos estes anos, estes seres humanos levaron en silencio, a raiba, a dor e unha tremenda sensación de impotencia por eses horribeis episodios. Entretanto, Billy el Niño continuou a súa carreira de funcionario policial protexido polos seus xefes, e agora polo Goberno de Mariano Rajoy Brey, que se nega a permitir a súa extradición, como pide a xuíza arxentina, e négase tamén a investigalo e axuizalo aquí.

O franquismo e os anos que seguiron á morte do ditador foron brutais. Universitarios, traballadores, todos moi novos, en boa parte aínda menores de idade, homes e mulleres, sufriron unha represión cruel, consentida e planificada. Moitos perderon a vida como Enrique Ruano a mans da policía e por acción da ultradereita ou a novísima comunista Yolanda González cuxa morte foi espantosa. O réxime e os seus sicarios mataban. Como din os avogados de Luís Suarez, Manuel Ollé e Jacinto Lara, “foi unha política sistemática e planificada co obxectivo de acabar cos opositores ao réxime. Foron crimes contra a humanidade”. Hoxe as súas vítimas piden xustiza mais Billy el Niño continúa a tomar cubalibres con toda tranquilidade.

Ler máis.