“Pergúntome o que pensou ese policía ao ver o meu fillo antes de lle pedir que levantase as mans ás oito da mañá cando ía ao instituto coa sacola de estudante”.

 

 

No outro día o meu fillo, que ten 17 anos, indo para o instituto foi parado pola policía para o identificar, o que provocou unha demora inxustificada. No que vai de curso esta é a cuarta vez que acontece o mesmo. Por suposto, ao longo da súa vida e nomeadamente na adolescencia, son incalculábeis as ocasións en que tivo de vivir este tipo de escenas.

Hai uns días, saindo do metro, fixéronlle levantar as maos, así, sen mais nin menos. El negouse a felizmente non houbo consecuencias. Noutra ocasión, estando en pequenos grupos no descanso, fora do instituto, os policías aproximaron ao seu grupo, formado por rapaces pretos, para pedir documentación. Eles protestaron de maneira pacífica. E así imos: humillación após humillación.

Pergúntome que pensaron e que falaron entre eles estes dous policías antes de dirixirse ao grupo de rapaces afro-descendentes. Que palabras exactas utilizarían entre eles antes de escoller ese grupo para encamiñar os seus pases e deixar en paz o resto de rapaces e raparigas, brancos e brancas. Pregúntome que pensou ese policía ao ver o meu fillo antes de lle pedir que levantase as mans ás oito da mañá cando ía ao instituto coa súa sacola de estudante.

Pregúntome como ten tanta paciencia o meu fillo e con el, tantas e tantas persoas que sofren isto a diario. Como pode conterse a raiba e até cando.

Teño compañía neste camiño. Outras nais con vivencias semellantes coas que partillo as miñas emocións. No grupo de traballo ‘Stop racismo na escola’ indígnanse conmigo e acompañámonos nas nosas dores desde o noso papel de nais de afro-descendentes. É por elas, mulleres comprometidas, que coñecin un espazo onde poder expor estas situacións e pedir axuda e asesoramento. Se non o traemos á tona, de todas as formas posíbeis, continuará a ser un problema invisíbel que apenas coñeceremos as persoas a quen nos afecta. E ten de ser coñecido.

Imos comezar por nos pór en contacto co Servizo de Asistencia e Orientación a Vítimas de Discriminación Racial ou Étnica do ministerio de Igualdade. E non temos intención ningunha de nos conformar. Esperaremos a resposta porque non queremos que ninguén pase outra vez por isto.

Marta García

El Salto Diario