Os axentes detiveron tres mozos e unha moza na pasada terza feira pola mañá, ao tempo que citaron a declarar outro home e un menor de idade a partir ds catro da tarde. Para esa hora, a Comisión Antifascita 27 de Xaneiro convocou unha concentración de apoio diante da comisaría da policía autonómica no bairro de Singuerlín onde foran conducidas as persoas arrestadas.

Frente Nacional Identitario en Santa Coloma de Gramenet / ARXIU

 

Nova operación policial dos Mossos d’Esquadra contra o antifascismo combativo. Despois da ràtzia levada a cabo en colaboración coa Policía Española hai pouco menos dun mes, a policía da Generalitat de Catalunya practicou na pasada terza feira pola mañá catro detencións e entregou citación a outras dúas persoas para que acudisen a declarar en comisaría esa mesma tarde. As detidas son veciñas de Santa Coloma de Gramanet, cidade do Barcelonès Norte con forte tradición obreira e reivindicativa, e foron conducidas á comisaría do bairro de Singuerlín, onde tamén tiveron que acudir as dúas citadas para prestaren declaración diante dos axentes.

As seis antifascistas que foron obxecto deste operativo están acusadas de desordes públicas e delitos contra os dereitos fundamentais, mais dúas delas tamén terían cargos por resistencia e atentado contra a autoridade, respectivamente. Os feitos perseguidos son relativos á suposta participacón das investigadas no protesto contra a marcha que os grupúsculos neonazis Frente Nacional Identitario e Recuperemos España convocaron no pasado sábado 9 de febreiro xunto da estación de Santa Rosa na liña 9 do metro. “Máis unha vez queren enganar o pobo sob o falso pretexto da seguranza cidadá e utilizan o populismo para vender as súas ideas fascistas. Non llo permitamos, paremos o fascismo entre todas”, afirmava o pasquin asinado pola mesma Comisión e o colectivo Somos Antifascistas.

A Directa tivo acceso a un documento do Departamento de Interior que confirma que as organizacións de extrema dereita que aquela xornadas non conseguiron xuntar máis de trinta acólitos, non comunicaran a celebración da marcha ás autoridades pertinentes. Fica constancia no texto de resposta á solicitude que fixo a deputada da CUP-Crida Constituent, Maria Sirvent, dunha copia da hipotética comunicación requerida habitualmente para informar da celebración de calquera manifestación. Na folla asinada polo conselleiro de Interior Miquel Buch con data 14 de marzo, afírmase textualmente que “na Dirección Xeral da Administración de Seguranza non consta ter recibido ningunha instancia comunicando a celebración dunha manifestación”, en referencia á cita ultra.

Así pois, é paradoxal a importancia do dispositivo de axentes anti-disturbios enviados polo Departamento de Interior daquel día, formado por efectivos tanto da Brigada Móbel (BRIMO) como da Área Rexional de Recursos Operativos (ARRO), as dúas unidades con atribucións de orde pública. Desde un primeiro momento, os axentes protexeron os militantes fascistas -apesar de tratarse dunha marcha non comunicada- ao tempo que efectuaban diversas cargas contra o centenar de activistas que protestaban pola súa presenza. Por causa dos golpes de porra, varias anti-fascistas resultaron contusionadas e algunhas tiveron que recibir asistencia mèdica.

DAVID BOU

Directa