Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans(OSPDH) reclama que as persoas presas teñan os mesmos dereitos que os recoñecidos ao resto da cidadania na emerxencia do coronavirus. En concreto demanda que podan comunicar por video-conferencias coas súas familias despois de teren sido anuladas as visitas, que se implementen medidas alternativas e arrestos domiciliares, quese reforce o persoal sanitario para evitar un agravamento da situación e que sexan dotadas de medios preventivos tanto as persoas privadas de liberdade como o persoal funcionaral.

 

Resultado de imagen de observatori sistema penal drets humans

 

O OSPDH tamén informa que en Italia xa foron autorizadas hai días as comunicacións por vídeo-conferencia para substituir as presenciais e acrecenta que non hai razón algunha para non adoptar a mesma medida nos cárceres do estado español.