Partidarios de Leonard Peltier, un activista polos dereitos dos pobos indíxenas, de 78 anos de idade, reclaman a súa liberación. Peltier completou xa 48 anos por tras as reixas por un delito que afirma non ter cometido.
Peltier foi condenado en 1977 pola súa suposta participación no asasinato de dous axentes do FBI que tivo lugar durante un tiroteo producido na reserva indíxena de Pine Ridge. O xulgamento estivo infestado de irregularidades e mala praxe do Ministerio Público.
No mes pasado, a ex axente especial do FBI Coleen Rowley confirmou ao xornal The Guardian que na década de 1990 axudara a redactar un artigo de opinión en que se argumentaba en contra da liberación de Peltier. Rowley afirmou que durante varios anos“os novos axentes do FBI foron adoutrinados contra Peltier”. Estas foron as palabras expresadas por Christina Castro, unha activista indíxena do estado de Novo México, durante unha mobilización a favor da liberdade de Leonard Peltier realizada na cidade de Santa Fe.
Christina Castro: “Agora o Goberno admite que non saben quen disparou contra estes axentes do FBI, mais non lle darán [a Peltier] a posibilidade dun novo xulgamento nin lle concederán clemencia ou unha liberación compasiva, baseándose nun acto de pura vinganza e nunha axenda sistémica de racismo”.
Democracy Now