Ao menos 143 nenos e nenas viven no Centro de Estadia Temporaria de Inmigrantes de Melilla, nunhas instalacións ateigadas que, desde hai uns meses, duplican a súa capacidade. A Plataforma de Infancia, que agrupa 68 organizacións de defensa dos dereitos das crianzas, solicitou por carta ao Ministerio do Interior a súa transferencia urxente á península.

 

El Gobierno invierte 58,6 millones en los CETI de Melilla ...CETI de Melilla

 

As instalacións, deseñadas para 782 persoas, albergan actualmente 1.375. A aparición dos primeiros casos de coronavirus nos finais de agosto e o isolamento de 40 residentes provocaron lóxicos receos entre as persoas alí confinadas. No pasado 25 de agosto, dous centenares de migrantes do CETI de Melilla concentráronse para pedir a transferencia á península por medo ao contaxio e para denunciar a falta de material sanitario e a imposibilidade de manter as distancias de seguranza nun centro completamente desbordado.

Desde a declaración do estado de alarma en marzo, sinalan desde esta plataforma, estes nenos e nenas mantivéronse en ‘condicións totalmente inaceptabeis, vivindo en condicións de amontoamento’. No contexto de crise sanitaria e ‘sen o apoio educativo ou de lecer’ a situación supón ‘unha vulneración dos seus dereitos de acordo á lexislación española e a Convención sobre os Dereitos da Crianza’.

 

Pouco foi feito, apesar de que xa desde marzo comezaron as denuncias que alertaban sobre a masificación e a ausencia de medidas sanitarias e de seguranza dentro do centro para permitir o distanciamento físico entre os residentes

 

Xa desde marzo comezaron as denuncias que alertaban sobre a ausencia de medidas sanitarias e de seguranza dentro do centro para permitir o distanciamento físico entre os residentes e ‘asegurar o adecuado seguimento médico ou proporcionar material de protección necesario e esencial para evitar contaxios’.

Pouco se fixo desde entón, indican desde a Plataforma de Infancia, apesar de que en abril o Defensor del Pueblo emitía unha recomendación dirixida ao Ministerio do Interior para que axilizase a saída dalgúns colectivos vulnerabeos, en especial ‘os nenos e nenas a quen non é posíbel garantir unhas condicións mínimas, após as traumáticas situacións que atravesaron antes de chegar ao noso país’.

Estas demandas non tiveron ‘resposta satisfactoria’ até agora, segundo esta plataforma. Unhas reclamacións que tiveron eco na xustiza: o xulgado nº2 de Melilla cualificaba o 24 de marzo ‘desproporcionado e inefectivo’ o confinamento das persoas que residen no CETI cando existían alternativas. En concreto, o xulgado sinala que o Goberno da cidade ‘puido solicitar do Goberno Central a transferencia de determinado número de individuos a Centros Peninsulares con maior capacidade, para así diminuír o aumento de risco de contaminación masiva ao que se alude no informe médico achegado por causa da masificación do establecemento’.

A Plataforma de Infancia reclama ao Ministerio do Interior que garanta que sexan levadas as crianzas coas súas familias á península de forma inmediata.

El Salto Diario