Un nutrido grupo de asociacións de defensa dos dereitos das persoas presas de todo o estado español reclaman o Ministro de Interior, Grande-Marlaska, a adopción de medidas urxentes de asistencia médica para facer frente á emerxencia sanitaria ocasionada por el COVID-19. Lembran que as medidas previstas na Orde INT/227/2020, adoptada polo Ministerio do Interior o 15 de marzo ao abrigo do Real Decreto 463/2020, supón un réxime ainda mais restrito de dereitos para as persoas privadas de liberdade e para as súas familias mais, paradoxalmente, non fai referencia algunha a medidas de asistencia sanitaria.

 

Resultado de imagen de carceles

 

Tendo en conta a xurisprudencia do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos e o mandato constitucional dirixido á Administración prisional para coa vida das persoas privadas de liberdade, así como a crítica situación en que se achan os servizos de atención sanitaria dentro dos cárceres españois, as asociacións de dereitos humanos demandan a adopción dunha serie de medidas, que debullan en tres grandes apartados: i) asistencia médica, ii) excarceración por motivos humanitarios e iii) comunicacións e dereito á información das familias e das propias persoas privadas de liberdade.

1.- Medidas referidas a la asistencia médica:

a) Reforzar de inmediato os cadros de persoal sanitario dentro das prisións, nomeadamente naqueles establecementos prisionais en que non existe na actualidade asistencia por ausencia de persoal.

b) Caso aparecer algún positivo, procurar que o confinamento solitario se leve a cabo nunha instalación médica, non nunha cela como sanción.

c) Medidas especiais para funcionarios e traballadores. Até agora son estas as persoas que deron positivo e poden ser fonte de contaxio ao estaren en contacto físico coas persoas privadas de liberdade.

2.- Medidas de excarceración por motivos humanitarios:

a) Posta en liberdade inmediata de persoas doentes graves e ou que teñan máis de 70 anos por constituíren un grupo con duplo risco.

b) Posta en liberdade da persoas en prisión preventiva establecendo outro tipo de contróis caso ser necesario. Embora o arresto domiciliar ou a liberdade provisoria terán de ser decididos polo Xuiz de que dependen, ínstase a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias a revisar as situacións en que estas posibilidades deban ser articuladas na situación excepcional en que estamos e sexan despois comunicadas aos xuices e xuizas correspondentes.

c) A respecto da progresión ao terceiro grao por motivos humanitarios e de dignidade persoal, despois da reforma do 2015 o Código Penal atribúe a adopcion desta medida ao tribunal ou xuiz de vixilancia penitenciaria. Do mesmo tempo ten tamén a competencia para a concesión da liberdade condicional humanitaria do artigo 91CP, polo que solicitamos á administración penitenciaria avaliar eses casos e instar o órgao xudicial a súa adopción.

d) Excarceración de persoas con condenas de pouca duración e cumprimento en réxime aberto, fora dos establecementos coas posibilidades que a normativa prisional prevé (control telemático ou doutro tipo). En relación con isto, a SGIP ten na sua man a progresión ao terceiro grao através dos artígos 86.4 e 100.2 do Regulamento Penitenciario.

e) Posta en liberdade das persoas que están nos Centros de Inserción Social.

3.- Comunicacións e dereito á información das familias e as persoas privadas de liberdade

a) Aumento das comunicacións orais ordinarias através de locutorios.

b) Gratuidade de chamadas telefónicas extra.

c) Información ás familias da situación sanitaria das persoas internas de maneira o máis rápida e clara posíbel.

Ver o documento na íntegra.

Primeiros colectivos asinantes

Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA), Coordinadora Anti Represión de la Región de Murcia, Associació Memòria Contra la Tortura, Movimiento Antirrepresivo de Madrid, Solidarios de la sanidad, Coordinadora de Barrios, Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans, Obra Social Madrid Tetuán, Irídia – Centro por la Defensa de los Derechos Humanos, Asociación Apoyo, Colectivo Cassandra, Salhaketa Nafarroa, Oteando – Observatorio para la
defensa de las libertades, Red Jurídica, CAMPA, ALAZ, Movimiento Feminista de Murcia, Asamblea contra el CIE de Aluche, OMV Obra Mercedaria Valencia, Colectivo Pronoia, Colectivo Anticarcelario La Corda,Grupo de apoyo a presxs, CNT-AIT Granada, Juventudes Libertarias de Jaén, CGT Región de Murcia,
Osabideak, Salhaketa Araba, Comisión de Asesoramiento Xurídico Penitenciario de Ourense (CAXPOU) e Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense.