O colectivo Dereitos Civis lanza unha campaña para arrecadar 500€ que serán destinados a recorrer a sanción imposta a un siareiro do Ponteveddra que exhibiu unha estreleira no estadio do Pasarón. Os funcionarios policiais afirmaron que a exhibición da bandeira provocara unha reacción negativa no Rácing de Ferrol. No entanto, seareiros deste equipo manifestaron que iso non era verdade e cualificaron a sanción de represión

 

As estreleiras, bandeira usada por siareiras de diferentes clubes, son continuamente expulsadas dos estadios deportivos sen que exista unha normativa que a prohiba.

Fonte: Dereitos Civis