EsCULcA entende que o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que limita de maneira xeneralizada o movemento dos cidadáns no seu art. 7, incumpre o disposto na Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio, e vulnera portanto dereitos fundamentais. Entende EsCULcA que as sancións impostas ao abrigo deste RD poden, e deben, ser recorridas.

.

Crecen las sanciones por las nuevas restricciones del Estado de ...

Modelo alegacións estado de alarma

RECURSOS CONTRA AS SANCIÓNS POLO INCUMPRIMENTO DO ESTADO DE ALARMA

PRELIMINAR: Tendo en conta que a posibilidade de pago bonificado da metade da sanción non impide acudir a vía xudicial, recomendamos esta opción, é dicir, pagar bonificado e despois recorrer, xa que permite aforrar a metade da multa no caso de que se perda o recurso, e non supón a renuncia de ningún dereito do cidadán.

Tendo en conta que consideramos que a regulación do estado de alarma vulnera dereitos fundamentais, as posibilidades de recurso son dúas:

1.- Procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais: nun prazo de 10 días desde que recibes a sanción tes que pagar bonificado e presentar anuncio do recurso especial perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente ao teu domicilio (recomendamos este procedemento non só porque é específico para defender os dereitos fundamentais senón tamén porque a sentenza que se dite sempre pode ser recorrida en apelación).

2.- Procedemento abreviado: Podes pagar bonificado en 20 días desde a notificación da sanción e despois presentar demanda nun prazo de 2 meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente ao teu domicilio (a sentenza que se dite non pode ser recorrida).

En ambos os casos é precisa a intervención de avogado, que se pode pedir polo turno de oficio cando os ingresos sexan inferiores o dobre do IPREM (uns 1.100 €) no caso de persoas non integradas en nengunha unidade familiar ou inferiores a dúas veces e media o IPREM (uns 1.620 €) no caso de persoas integradas nunha unidade familiar de menos de 4 membros; ou designalo de confianza.

Se gañas o recurso devolvenche o importe pagado e poden condenar a administración a que pague o teu abogado, no caso de que perdas non recuperas o pagado e podes ser condenado a pagar o abogado da administración.

Se decides percorrer a vía administrativa previa á xudicial non tes dereito a bonificación mais unha vez esgotada podes acudir tamén a eses dous procedementos.

O modelo de alegacións que propomos (que pode servir tamén de base para a demanda xudicial) e o seguinte:

Á SUBDELEGACIÓN DE GOBERNO EN …………………

…………………………., con DNI nº ……………. e domicilio en …………………….. e as demais circunstancias que xa constan no Expediente sancionador nº …………………., perante esa Subdelegación comparezo e DIGO:

Que se ten recibido o acordo de iniciación do expediente mencionado e, en desacordo co seu contido, por medio do presente escrito formulo as seguintes

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA: Vulneración dos dereitos fundamentais á liberdade de circulación do art. 19 CE e de reunión e manifestación pública do art 21 CE.

O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, limita de maneira xeneralizada o movemento dos cidadáns no seu art. 7 xa que vincula a circulación á realización de determinadas actividades e, por tanto, incumple o disposto na Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio, que no seu art. 11 a), cando regula o estado de alarma habilita para, exclusivamente, “Limitar a circulación ou permanencia de persoas ou vehículos en horas e lugares determinados, ou condicionalas ó cumprimento de certos requisitos”, lugar e tempo que a lei non determina.

O art. 55.1 CE, relativo a “Suspensión de dereitos e liberdades”, únicamente permite a suspensión de dereitos fundamentais cando sexan declarados os estados de excepción e sitio pero nunca cando se declare o estado de alarma.

Tendo en conta que as normas teñen que ser interpretadas no sentido mais favorable ó exercicio dos dereitos fundamentais non é posible considerar que o dereito a saúde do art. 43 CE (que por moi importante que sexa non é un dereito fundamental) poda server para xustificar a restricción de movementos da poboación no estado de alarma e, polo tanto, a eliminación de facto dos dereitos de libre circulación, reunión e manifestación.

A consecuencia é que todas as sancións impostas por infracción da limitación de movementos durante o estado de alarma son nulas de pleno dereito.

SEGUNDA: Vulneración do dereito fundamental á tipicidade do art. 25.1 CE.

O réxime sancionador establecido no art. 20 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo (“O incumprimento ou a resistencia ás órdes das autoridades competentes no estado de alarma será sancionado con arreglo ás leis, nos termos establecidos no artigo dez da Lei Orgánica 4/1981, de 1 de xuño”) non cumpre o requisito de taxatividade das normas sancionadoras, que obriga a que o seu contido permita ós cidadáns predecir co suficiente grao de certeza cal é a conducta ilícita e cal é a súa sanción.

Dado que a STC 83/2016 determinou que a norma que declara o estado de alarma ten rango de lei (ainda que materialmente sexa un Real Decreto) a técnica de reenvío que utiliza non cubre a exixencia constitucional de que a norma sancionadora conteña o núcleo esencial da prohibición xa que remite a unha norma que carece, a súa vez, de contido taxativo posto que o art. 10 da LO 4/1981 di exactamente o mesmo (“O incumprimento ou a resistencia ás órdes da autoridade competente no estado de alarma será sancionado con arreglo o disposto nas leis”), incorrendo nun bucle tautolóxico.

Se a iso engadimos a prohibición estricta da utilización da analoxía e da interpretación extensiva no dereito sancionador, a conclusión é que tampouco é posible cubrir a necesaria tipicidade acudindo a outras normas sancionadoras como a LO 4/2015, de 30 de marzo, de protección da seguridade cidadán.

A consecuencia é a nulidade de pleno dereito das sancións impostas en base a mencionada LO 4/215.

TERCEIRA: Sobre o suposto de feito.

Nego os feitos que se imputan, que deberán ser acreditados por quen acusa.

(NOTA: Aquí podes alegar, sucintamente, custións relativas o feito imputado, p. ex. que o desprazamento estaba xustificado, que se respetaba a distancia de seguridade, ou calquera outra)

SOLICITO que tendo por presentado este escrito e por formuladas as alegacións que no mesmo constan, as admita e dicte resolución arquivando o expediente.

En ……. a …… de ……………… de 2020

ADEMÁIS DIGO que se suspenda a execución da sanción proposta.

SOLICITO así se acorde.

Mesmo lugar e data

NOTA 1: Estas alegacións, coas adaptacións que correspondan, debes facelas en 3 momentos diferentes: contra a notificación do inicio do expediente, contra a proposta de sanción e no recurso de alzada contra a sanción definitiva.

NOTA 2: No momento actual todos os prazos están suspendidos debido ó estado de alarma polo que probablemente non recibirás notificación de sanción e se a recebiras non se poden facer alegacións pero si que habería que acudir o procedemento especial, que non está suspendido polo estado de alarma.

Modelo alegacións estado de alarma