Dani Gallardo, o xoven madrileno encarcerado durante os protestos contra a sentenza do Supremo, continuará en prisión preventiva. Así foi decidido pola xuíza que recusou o segundo recurso da defensa para que fose deixado en liberdade. A noticia foi feita pública polo Movemento Antirrepresivo de Madrid. “O estado continúa empeñado en mantelo como bode expiatorio. Non pararemos até o termos outra vez connosco”, escribiron nun chío. Este sábado está convocada unha manifestación de apoio co encarcerado na praza do Sol de Madrid.

[⚠️ IMPORTANTE ⚠️]

Han denegado por segunda vez la libertad a Dani. El Estado sigue empeñado en mantenerle como cabeza de turco.
No pararemos hasta tenerle con nosotros.
El sábado 15, todxs a Sol.

Mostra la imatge al Twitter

Está acusado de delitos de lesións contra un axente da autoridade, alén de atentado, resistencia, desobediencia e desordes públicas. Segundo a policía, Gallardo atacou cun pau con dúas puntas un axente, mais a defensa nega estes feitos. Nese sentido, denuncia que os laudos médicos demostran que Gallador e o policía agredido non coincidiron.

VilaWeb