Cen millóns de euros en subornos e comisións. Iso é o que pagou o estado español, mediante a empresa pública Defex, para conseguir once contractos armamentísticos na Arabia Saudita. Segundo publica El Mundo, a fiscalia anti-corrupción desvelou que entre 1991 e 2014 foron desviadas grandes sumas de diñeiro público para pagar funcionarios sauditas, entre eles o adido militar da embaixada da Arabia Saudita en Madrid, Al Shamuary.

Defex, unha ‘organización criminal’ pública para exportar armamento español 

Compre lembrar que Riad é un dos cliente de armamentos máis importantes do estado español: as corbetas de Navantiabombas làser, etc. De feito, Felipe VI non dubidou en viaxar á capital saudita en beneficio das relaciós económicas de ambos os païses.

A empresa de exportación de armas Defex, disolvida polo último goberno de Mariano Rajoy, cumula un bo historial de escándalos e negocios obscuros, que inclúen a desaparición de 220 millóns de euros en países como a citada Arabia Saudita, Angola, o Camerún e o Exipto.

Os once contratos investigados son principalmente por municións e recambios, que supuxeron unha facturación de case cincuenta-e-un millóns de euros, praticamente a metade do diñeiro desviado durante vinte-e-cinco anos. Con diferenza ao resto dos escándalos, nesta peza, a procuradoría descubriu que Defex tamén pagaba as comisións e subornos das empresas intermediarias —Nytel e IKE— a funcionarios sauditas. Para o facer, recorría a empresas-fantasma en paraísos fiscais como as Illas Verges, Panamá, as Bahamas, Delaware, as Illas Caimán ou a Illa de Man.

No escrito de acusación, o procurador Conrado Sáiz acusa oito persoas e catro empresas, entre as cales Defex, por corrupción en transaccións comerciais internacionais, organización criminal, falsidade documental, lavaxe de capitais e malversación de fondos públicos. Por iso pede penas de case trinta anos de prisión e multas millionarias. A Defex, por exemplo, esixe cuarenta-e-cinco millóns.

VilaWeb