O fotógrafo de VilaWeb Albert Salamé explica en primeira persoa como viviu a intervención dos Mossos d’Esquadra durante os protestos de serán do 21 de febreiro contra o encarceramento do rapeiro Pablo Hasel. Este é o relato dos feitos:

Falamos da ‘mani’ de onte? Anáse de confitos de vermut? Nin criminalizarei nin defenderei, apenas sinalarei o que me parece obvio. Sobre o acontecido na praza de Catalunya e na zona de Llobregat non podo explicar nada porque non estaba ali.

No inicio da manifestación, un grupo berra: “Á praza Catalunya!” e a xente comeza a ir para alá. Un par de pintadas e pouco máis.

 

 

A xente anda depresa, os primeiros grupos chegan á Via Laietana ás 20:00, cando ainda hai xente na praza da Universitat. Non chegou a formarse un grupo grande de manifestación.

 

Parece que un grupo xa comeza a partir vidros no Palau da Música cando os manifestantes están ainda no extremo da Via Laietana. O Palau é un símbolo do catalanismo en contraposición ao establishment que representa o Liceu. Ten sentido o ataque do ponto de vista do manifestante? Non. Con isto (tempos e obxectivo) persoalmente descarto que os que atacan o Palau sexan manifestantes.

A BRIMO comeza a empurrar rapidamente os manifestanes cara a praza de Urquinaona. Lembremos que non hai en toda a zona colectores de lixo con que formar barricadas. Hai poca resistencia dos manifestantes.

 

 

A golpes de porra, paseniñamente, mais de maneira firme, vaise entrando na ronda de San Pere até a praza de Catalunya.

 

Parece que nestes momentos comezan os saques no Portal de l’Àngel. Segundo vin nos vídeos, pequenos comercios. Estanco e tenda de carcasas de teléfono. Ten sentido que sexan manifestantes? Non.

 

 

Márcase unha liña de control diante de El Corte Inglés. Algúns manifestantes chaman a resistir, con escaso éxito. Os Mossos tomaron a iniciativa da batalla e os manifestantes non poden entricheirarse.

 

Primeiros vidros partidos na Apple Store. Aqui o obxectivo é outro. Unha multinacional. A manifestación ficou dividida en dous. Un grupo no paseo de Gràcia e outro na praza de Catalunya coa ronda da Universidade.

 

O grupo do paseo de Gràcia comeza a aumentar, o edificio da Bolsa de Barcelona recibe algún ataque, tamén un símbolo. Primeira vez en moito tempo que a vexo completamente desprotexida. Ningunha dotación de Mossos diante dela.

 

En poucos minutos, a BRIMO chega á Bolsa e blinda o edificio. Mantén unha liña. Vidros partidos nas tendas do paseo de Gràcia, comezan os saques. Alén dun pouco de lixo a arder, ningunha liña de defensa dos manifestantes.

 

Que pode motivar os saques ás tendas? A suma de factores dos diferentes participantes nos feitos. Desde o anti-capitalismo (contra os símbolos) até quen aproveita o chisco de adrenalina no sangue para levar unha peza de roupa a casa.

 

A xente chega a Gràcia, cruzan e prenden colectores de lixo. Sen sentido se non é para marcar espazo coas colunas de carriñas da policia.

 

As carriñas avanzas pola rúa Gran de Gràcia e pola rúa da Riera de Cassoles. Fan un bocadillo cun grupo de manifestantes perto da praza de Lesseps. Prodúcese a carga máis violenta que vimos nos vídeos.

 

 

Despois da carga, reagrupamento da BRIMO e de manifestantes na praza de Lesseps. Algún lanzamento e algunha pequena carga. Móntase unha barricada con valos na rúa Gran de Gràcia. Aqui non hai batalla.

 

Berros de “A Catalunya”. A xente comeza a baixar. No paseo de Gràcia hai un forte dispositivo de efectivos policiais, uniformados e á paisana. Identificacións e detencións. Á praza Catalunya non chega ninguén.

 

Visto o visto, e tendo en conta a diversa tipoloxia da xente, observamos que -con diferenza aos días anteriores- os Mossos non permiten que sexa a manifestación quen teña a iniciativa. As regras de xogo son marcadas polo operativo policial. Tanto polo que di respecto ao terreno (eliminación de colectores, etc.) como aos operativos camuflados (‘secretas’) e o destacamento de anti-disturbios.

Na manifestación había xente fortemente politizada (militantes independentistas e libertarios), simples ladroncecos (todas as noites roubaron material de fotógrafos) e xente comprometida politicamente, mais que non debeu participar nos confrontos, e mesmo turistas cervexa en man. O bloco politizado viuse ultrapasado rapidamente polos feitos. É incapaz de tracexar unha estratexia. Unha mistura, que en certa maneira podería lembrar as noites de confrontos en Canaletes. Unha vez dito isto, que cada un tire as súas propias conclusións.

Texto e fotografias: : Albert Salamé