A revista dixital Desde Dentro. La voz de lxs presxs, publica o relato estarrecedor dun preso que describe como morreu a súa muller despois de ter sido sometida a tratamento cruel en varios cárceres apesar de ter diagnosticado un transtorno psicolóxico. “Casamos cando ela tiña 14 anos e eu 17, non podo nin quero esquecela. Só sei que estivo 10 días en coma, que a señora Celia non me autorizou a ir ao Hospital nin ao enterro en Castellón I.”
.
.

 

Saúdos

(…) a miña muller Manuela morreu o 16-02-2012, despois de 9 anos de cárcere o meu amor despediuse cun bico.E o Padre Florencio dime que vire a páxina, que fácil falar cando non é nada teu, xamais voltarei a páxina. Casamos cando ela tiña 14 anos e eu 17, non podo nin quero esquecela. Só sei que estivo 10 días en coma, que a señora Celia non me autorizou a ir ao Hospital nin ao enterro en Castellón I.
.
No 2006 levárona a enfermaría porque padecía un transtorno psicolóxico, esquizofrenia, pois tiñan que lle inxectar Risperdal e dixo que non quería, isto foi así, foi o funcionario Michel, deulle unha labazada que a deitou no chan, ela non podia defenderse, arrastouna polo cabelo, partiulle a queixada inferior dereita dun pontapé diante do médico Santiago o Psiquiatra que non fixo nada. Colle as alxemas e veñen Cándido e Francisco, Xefes de Servizos e esbofetéana e arrástana. Lévana a isolamento. Mais no día seguinte, grazas a un xefe de servizos puden vela, coa queixada caindo, a cara arroxeada, isto era nunha quinta-feira e na sexta levárona a primeiro grao a Brieva (Ávila).
.
Denuncieino e preguntando conseguin que un rapaz que ouvira como Manuela berraba e choraba mandase un escrito ao xuiz, que voltou outra vez a xuiz de vixilancia, Manuel Altava La Vall, que marchara a deputado mais hoxe é un dos Xuíces de Vixilancia. Olla para a xustiza! Condénana a 3 anos máis de cárcere e lévana a Albolote (Granada) e xa non a vin máis.
.
Quero xustiza, estou morrendo mais teño fé… cando pasou isto a miña muller Manuela de director estaba Carretero, que continúa torturándome hoxe neste presidio. Con saúdos de corazón a todxs vós que tedes sentimentos, e non deixedes de os ter, continuai a loita.
Francisco Chamorro Giménez. 

Desde Dentro