O relator e experto independente da ONU Alfred de Zayas acompaña o xuízo ao procés de perto como demostra a serie de chíos publicados en que denuncia “violación de dereitos europeos por parte do Reino de España”. Segundo de Zayas, esta violación podería xustificar a posta en marcha do artigo 7 do Tratado de Lisboa que pode chegar a excluír un estado do Consello da Unión Europea negándolle o voto.
Na mesma liña, o relator asegura que a UE está a perder “toda a súa credibilidade” xa que traizoa “os seus principios fundamentais de democracia, estado de dereito e dereitos humanos”.
Alfred de Zayas
@Alfreddezayas
The European Union loses all credibility if it betrays its fundamental principles of democracy, rule of law and human rights #Catalonia @EU_Commission @EUCouncil
O experto da ONU continúa arremetendo contra o Estado e a xustiza española alertando que violan o artigo 9 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. Este artigo sinala que “calquera individuo ten que ter dereito á liberdade e á seguranza persoais. Ninguén poderá ser sometido a detención ou prisión arbitrarias”.
De Zayas exprésase con moita contundencia: “É monstruoso que a Comisión Europea tolere a existencia de presos políticos en España”.
Alfred de Zayas
@Alfreddezayas
It is a grave violation of article 9 of the International Covenant on Civil and Political Rights to arrest elected officials for expressing their views on self-determination #Catalonia
Alfred de Zayas
@Alfreddezayas
It is monstrous for the European Commission to tolerate the existence of political prisoners in Spain #Catalonia
Neste conxunto de mensaxes, de Zayas lembra que os procesados sempre expresaron as súas demandas de maneira “democrática e pacífica” e tamén subliña que a autodeterminación “é un dereito e non un crime de sedición e moi menos de rebelión”.
Alfred de Zayas
@Alfreddezayas
The Catalan politicians have always used democratic and peaceful means to express their demands. #Catalonia
Alfred de Zayas
@Alfreddezayas
Self-determination is a fundamental human right — not a crime of sedition and much less the crime of rebellion #Catalonia
Alfred de Zayas expón que o dereito a organizar un referendo está protexido polo artigo 19 da Declaración Universal de Dereitos Humanos e ao Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, “que España ratificou”, indica.
Alfred de Zayas
@Alfreddezayas
The right to hold a referendum is protected by article 19 of the UDHR and of the International Covenant on Civil and Political Rights, which Spain has ratified #Catalonia
Finalmente, de Zayas ratifica a súa denuncia: “Doce líderes políticos cataláns escollidos democraticamente están acusados do ‘crime’ de defender o dereito do pobo catalán a decidir o seu propio futuro”.
Alfred de Zayas
@Alfreddezayas
Today a masquerade of a trial started in Madrid. Twelve democratically elected Catalan politicians are accused of the “crime” of speaking out for the right of the Catalan people to decide their own future #Catalonia