O Relator de Torturas das Nacións Unidas, Nils Melzer, afirma ver ‘problemático’ que os estados non sigan as recomendacións da ONU. Melzer, que participou o 25 de novembro na inauguración do Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Barcelona, referíase ao feito de o Reino de España ter incumprido a resolución do Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias que demandou a liberación dos presos políticos independentistas cataláns.

 

 

Relator de Torturas de la ONU advierte al gobierno español por no seguir las recomendaciones sobre detenciones arbitrarias

 

O Relatorio anual do Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias da ONU, divulgado en setembro,  xa lembraba que o Estado español non tiña implementado a súa demanda de deixar en liberdde sete dos nove presos políticos independentistas cataláns que denunciaran o seu encarceramento, Jordi Sánchez, Jordi Cuixart, Oriol Junqueras, Quim Forn, Josep Rull, Raül Romeva e Dolors Bassa. Un ano antes, despois de ser coñecida a resolución de Detencións Arbitrarias, o presidente do grupo, José Antonio Guevara, tamén insistira na necesidade de os liberar e pedira no desviar a atención desta demanda, que, ao seu xuízo, era ‘a cuestión máis importante’.

A 17ª edición do Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Barcelona abrirá no 1º de decembro co lanzamento do filme The war on journalism: the case of Julian Assange, que poderá ser visto através das redes sociais do festival.