Varias entidades de xuristas, ONGs de dereitos humanos e familiares de persoas presas políticas presentaron na pasada quinta-feira, a poucos días do inicio do xuízo a líderes independentistas, un relatorio en que se analisan exhaustivamente as vulneracións de dereitos fundamentais que se produciron na Catalunya desde o 2017 até agora por causa do conflito político co Estado español.

Presentació informe vulneració drets catalunya Associació Catalana Drets Civils ACN

 

 

O relatorio España – Catalunya, máis de dez anos de conflito político, máis dun ano de violacións de dereitos humanos e de represión, de máis de 100 páxinas, baséase en numerosas fontes oficiais para tentar pór en evidencia que as institucións estatais prexudicaron dereitos e liberdades públicas como a de expresión e reunión, participación política ou a propia seguranza. O seu autor principal, Jordi Palou-Loverdos, lamentou que o Estado non fixese caso ás diversas advertencias e recomendacións sobre estes feitos realizados por organismos internacionais.

Desde hai máis dun ano numerosas voces e entidades defensoras dos dereitos humanos alertaron sobre a “constante vulneración” de dereitos fundamentais ao Estado español, especialmente con respecto a Catalunya. A alerta xerouse en setembro e outubro do 2017, e desde aquela até hoxe reiteráronse as denuncias, nomeadamente agora ás portas dun xuízo no Tribunal Supremo que “culmina unha instrución criminal cuestionada nacional e internacionalmente”.

 

 

Pór en evidencia a violación de dereitos
O relatorio estará á disposición dos observadores internacionais, de organismos internacionais públicos e organizacións internacionais de defensa de dereitos humanos e especialistas nacionais e internacionais, co fin de pór en evidencia as violacións de dereitos humanos e presioinar para que sexan tomadas as medidas que corresponderen.

Jordi Palou-Loverdos, avogado especialista en dereito penal nacional e internacional e dereitos humanos, elaborou este relatorio para a Associació Catalana pels Drets Civils, e conta co apoio da Col·lectiu Praga, Associació Atenes Juristes pels drets Civils, Drets, Novact, FundiPau, Human Rights Cat, Associació Catalá per á Defensa dels Drets Humans, Associació d’Afectats 1 d’outubro, Grup d’Empordanesos i Empordaneses per a solidaritat, Voluntaris, Dret Defensa Xirona, Sociedade Humana, Grup de Juristes Roda Ventura e a Associació d’Advocats Voluntaris 1 d’outubro.

No documento son analisadas resolucións e decisións de todos os organismos dos poderes fácticos que sustentan o Estado, así como tamén resolucións xudiciais doutros tribunais de ámbito nacional e internacional, e recomendacións da ONU así como do Consello de Europa. Tamén se recolle con detalle todas as fontes de documentación e información, incluídos expertos xuristas, avogados da defensa, e acusación das diferentes causas, vítimas das agresións policiais, representantes de asociacións de vítimas, polítcs, politólogos e ONGs especializadas en dereitos humanos.

El Nacional