A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca mobilizacións en toda Galiza con motivo do fin de prazo que tiña o Estado Español, no cadro do acordo da Unión Europea, para acoller 17.337 persoas refuxiadas. En dous anos só acolleu a 1.983 das máis de 5.500.000 persoas vítimas da guerra que tiveron que saír do seu país e piden refuxio. Haberá mobilizacións en diferentes cidades galegas. En Compostela haberá unha diaria entre o 19 e o 26/09/2017.

Calendario completo

A CORUÑA- SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
FERROL…….SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar

SANTIAGO-CONCENTRACIÓNS AS 20:00H DO 19 ao 26 -PLAZA DO TOURAL Cada día soará unha alarma e leerase un manifesto, contando coa presenza de destacada de actores coma Carlos Blanco e Monti Castiñeiras, o entrenador do Obradoiro Moncho Fernández, a cantante Uxía Senlle, Marilar Aleixandre, os directores de cine Alfonso Zarauza e Fernando Cortizo, e o teólogo Andrés Torres Queiruga. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar

PONTEVEDRA. SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
VIGO ………………SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
OURENSE………..SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar
CANGAS…………..SÁBADO 30- 20:00h. lugar por determinar

Maís información no web da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas.