Os membros do Grup de Suport a Presxs de Lleida informan da situación de C.B.L., a única muller presa que se sumou á greve de fame colectiva de maio, que sofre represalias por ter participado no protesto. Denuncian, entre outras cousas, a suspensión do apoio sanitario as 24 horas do día -reducido agora a 15 horas (de 14:00 a 17:00 e de 20:00 a 8:00)- e soa a falta de compañeira de apoioi. A reclusa que foi asignada para compartillar a cela como apoio está necesitada ela mesma dese apoio xa que padece doenza mental e tentou suicidarse varias veces recentemente

O estado de saúde de C.B.L. volveu empeorar, case non consegue durmir pois ten o corazón moi acelerado pola quimioterapia. A cadeira de rodas que tiña para moverse foille retirada coa escusa de a necesitar outra persoa interna. Aínda que leva xa tres meses no cárcere de Zuera, e apesar das súas reiteradas solicitudes, aínda non foi examinada por ningún médico. O día 26 de abril tiña que saír a unha revisión do oncólogo mais non a levaron por, supostamente, non ter chegado a ambulancia. Finalmente puido falar coa xuíza de Vixilancia Penal, a que denunciou a situación en que se acha e quen, vendo o seu estado, afirmou que pediría informes ao cárcere sobre ela.

O grupo de apoio tamén informa que todo leva a pensar que na práctica C.B.I. ten a correspondencia suspendida porque non recibe cartas que lle escriben outras persoas internas nin as do propio colectivo.

Asi mesmo lembran que C.B.I. debería ser excarcerada de inmediato en cumprimento o que establece o CP, o Regulamento Penitenciario e a propia Constitución Española:

Artigo 91 CP:

1. Non obstante o disposto no artigo anterior [que regula os requisitos xerais para a liberdade condicional], os penados que chegaren á idade de setenta anos, ou fagan os 70 durante a extinción da condena, e reúnan os requisitos esixidos no artigo anterior, excepto o de extinguir as tres cuartas partes daquela, as dúas terceiras partes ou, no seu caso, a metade da condena, poderán obter a suspensión da execución do resto da pena e a concesión da liberdade condicional.

O mesmo criterio aplicarase cando se tratar de doentes moi graves con padecimientos incurabeis, e así sexa acreditado despois da práctica dos exames médicos que, a criterio do xuíz de vixilancia penal, foren estimados necesarios.

2. Constando á Administración penal que o interno se acha en calquera dos casos previstos nos parágrafos anteriores, elevará o expediente de liberdade condicional, coa urxencia que o caso requerir, ao xuíz de vixilancia penal, quen, á hora de resolvelo, valorará xunto ás circunstancias persoais a dificultade para delinquir e o escaso perigo do suxeito.

(…)

Regulamento Penitenciario:

Artigo 104.4 RP: Os penados doentes moi graves con padecementos incurabeis, segundo rexistro médico, con independencia das variabeis que interviren no proceso de clasificación, poderán ser clasificados en terceiro grao por razóns humanitarias e de dignidade persoal, atendendo á dificultade para delinquir e ao seu escaso perigo.

Artigo 196 RP. Liberdade condicional de septuaxenarios e doentes terminais:

1. Elevarase ao Xuíz de Vixilancia o expediente de liberdade condicional dos penados que tiveren setenta anos ou os fixeren durante a extinción da condena. No expediente deberá ser acreditado o cumprimento dos requisitos establecidos no Código Penal, excepto o de extinguir as tres cuartas partes ou, sendo o caso, as dúas terceiras partes da condena ou condenas.

2. Igual sistema seguirase cando, segundo parecer médico, se tratar de doentes moi graves con padecementos incurabeis. Cando os servizos médicos do Centro consideraren que concorren as condicións para a concesión da liberdade condicional por esta causa, porano en coñecemento da Xunta de Tratamento, mediante a elaboración do oportuno relatorio médico.

(…)

Senón, sobretodo, porque a constitución, a lei orgánica xeral penal e o mesmo regulamento prisional recoñecen o dereito das persoas presas a unha asistencia sanitaria igual á que recibe na rúa calquera persoa:

Artigo 43 CE:

1. Recoñécese o dereito á protección da saúde.

2. Compete aos poderes públicos organizaren e tutelaren a saúde pública através de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios. A lei establecerá os dereitos e deberes de todos a respecto diso.

(…)

Artigo 3 LOGP:

A actividade penitenciaria será exercida respectando, en todo caso, a personalidade humana dos recluídos e os dereitos e intereses xurídicos dos mesmos non afectados pola condena, sen establecerse diferenza algunha por razón de raza, opinións políticas, crenzas relixiosas, condición social ou calquera outras circunstancias de análoga natureza.

En consecuencia:

(…)

4. A Administración penitenciaria velará pola vida, integridade e saúde dos internos.

(…)

Artigo 208 RP. Prestacións sanitarias

1. A todos os internos sen excepción seralles garantida unha atención médico-sanitaria equivalente á dispensada ao conxunto da poboación. Terán igualmente dereito á prestación farmacéutica e ás prestacións complementares básicas que derivaren desta atención.

O Grup de Suport a Presxs de Lleida reclama a inmediata excarceración

“Non somos ‘xuristas’ -afirma o colectivo- mais en todo este articulado pode verse claramente que, segundo a lei, as autoridades prisionais poden e deben, de ser tida en conta a obrigación da administración penitenciaria de respectar ‘a personalidade humana dos recluídos’, clasificar en terceiro grao, ‘por razóns humanitarias e de dignidade persoal’, e ‘con independencia das variabeis que interviren no proceso de clasificación’, e iniciar expediente de liberdade condicional ás persoas presas que sufran doenzas moi graves ‘con padecementos incurabei’. E non hai dúbida de que C.B.L. está nese caso.

Mais, alén diso, a administración prisional está obrigada a proporcionarlle os mesmos coidados que recibiría na rúa, e iso, segundo todas as evidencias, non acontece, nin no seu caso nin o de ningunha persoa presa gravemente doente, xa que é notorio que a sanidade penitenciaria é catastrófica. E, por exemplo, C. perdeu xa -como aconeceu a Francisco Chamorro e tamén a practicamente calquera persoa presa que estiver en situación parecida- varias citas co médico especialista, porque o ministerio do interior non cumpriu a súa obrigación de trasladala. Daquela, C.B.L. debe ser excarcerada inmediatamente, igual que calquera outra persoa presa gravemente doente. E calquera persoa digna, responsábel politicamente e solidaria cos seus semellantes debería esixilo.”

Fonte: Tokata