O pasado 27 de abril, O Comité de Solidaridad con la Causa Árabe de Asturies presentou no congreso dos deputados unha pregunta ao goberno asinada por parlamentares de varios partidos. Nela pedíase información sobre as eventuais xestións feitas polo executivo para garantir que Israel respectase os dereitos de Juana Ruiz, a traballadora española do Health Works Committee, e o dereito internacional.
.
.
Juana Ruiz, casada con Elías Rishmawi, viu como o exército israelita asaltaba a súa casa en Beit Sahour no pasado mes de abril. Ela mesma foi detida, como o foran un mes antes outros dous colaboradores desta ONG palestina dedicada á atención sanitaria.
.
.
No seu escrito, os deputados tamén reclamaban ao goberno español que fixese as xestións necesarias para liberar Juana Ruiz e os seus compañeiros así como rescatar os bens roubados polo exército israelita. Tamén instaban o goberno a censurar as manifestas actuacións do goberno de Israel contra o dereito internacional.
A resposta do goberno, case 40 días máis tarde, limítase a afirmar que os servizos consulares estiveron presentes nas diferentes vistas xudiciais, nada di sobre eventuais actuacións frente a interrogatorios feitos a Juana Rivas sen asistencia letrada -unha maneira de actuar habitual nas detencións administrativas israelitas, censurábeis por calquera estado que se declare democrático-. Tamén afirma que o goberno “fai un seguimento egular da evolución dos dereitos humanos nos territorios palestinos ocupados, cuestión que forma parte do amplo diálogo político que manteñen España e Israel, así como do diálogo que, no cadro da política de viciñanza, mantén a Unión Europea con Israel”, mais que non lles impede manteren relacións militares, policiais e comerciais coa potencia ocupante.
Por outra palabras, o goberno español escolleu o perfil baixo, o non querer incomodar o goberno e institucións sionistas e, sendo o caso, esperar que ese perfil, que non incomoda, poda servir para que Israel caritativamente e facendo esquecer as súas actuacións delituosas, teña a graza de exonerar Juana Ruiz das acusacións.