O co-funddor de Pink Floyd lembra nunha entrevista con RT que “sabemos con certeza” que o xornalista “non cometeu delito algún” e que “todo o que fixo foi dar noticias”.

 

"Quieren matar a Assange porque dijo la verdad": Roger Waters pide a Biden que acabe con esta "repulsiva" persecución

 

O lendario músico británico Roger Waters, co-fundador de Pink Floyd, instou o presidente dos EUA, Joe Biden, a pór fin á persecución do fundador da WikiLeaks, Julian Assange. Nunha entrevista con RT, Waters explica que se loita pola liberdade de Assange é porque este “é presentado como un exemplo: fique de boca fechada ou isto é o que che acontecerá”. “Están tratando de matar Julian Assange porque dixo a verdade e iso é repugnante”, denunciou o músico.

Para Waters, “é interesante que este presidente demócrata ainda non teña retomado a afirmación da Administración Obama de que non houbo caso algún […] e de que non é posíbel procesar Julian Assange, porque se o fas, daquela tes que procesar todos os editores que publiquen calquera verdade que poda resultarche inconveniente”.

Non cometeu delito algún”

O co-fundador de Pink Floyd lembro que “sabemos con certeza” que o xornalista “non cometeu delito algún” e que “todo o que fixo foi dar noticias”.

“Se iso é un crime, daquela deberíamos encerrar os consellos editoriais de The New York Times e todo o resto”, indicou o músico, que non hesita en resaltar “todo é unha completa farsa”.

Waters insta Biden e a súa Administración a retiraren os cargos contra Assange, que poden suporlle unha sentenza máxima de 175 de cárcere. “Certamente, non cometeu espionaxe nin ningún outro delito polo que poda ser procesado nos EUA”, enfatizou.

Julian Assange, de 49 anos, é acusado de cargos por espionaxe e pirataria informática pola publicación desde 1020 de centos de millares de páxinas de documentos militares secretos e telegramas dipolomáticos sobre as actividades dos EUA nas guerras do Iraque e o Afeganistán, que foron divulgados polo site de filtracións da WikiLeaks.

O activista está actualmente encarcerado na penitenciaria de máxima seguranza de Belmarsh (Reino Unido). Foi detido en abril de 2019 na Embaixada do Ecuador de Londres, despois de o goberno de lenin Moreno ter decidido lle retirar o asilo.

 

RT