Seguidores do Hapoel Holon de Israel, que estaban en Bilbo para asistir á final a catro da Basketball Champions League, provocaron fortes incidentes no domingo na zona histórica da capital vizcaina. Mais, paradoxalmente, as persoas detidas foron finalmente dous anti-fascistas.

.

 

Aficionados ultras del equipo israelí Hapoel Holon generan altercados en Bilbo | Euskal Herria | Naiz                                 Seguidores da equipe israelita Hapoel Holon queimando unha bandeira palestina. (Ernai Bilbo)

 

A zona antiga de Bilbo foi escenario no domingo de graves incidentes protagonizados por seguidores da equipe de basketball Hapoel Holon de Israel, segundo se observa en varias imaxes divulgadas através das redes sociais. Os ultras israelitas, ataviados con camisolas e bandeiras de Israel, realizaron ataques á mobilia urbana e lanzamentos de cadeiras de establecementos hosteleiros. Tamén pegaron lume a unha bandeira palestina.

 

 

 

Os incidentes comezaron á 15:00 e, embora nas primeiras horas non houbo persoas detidas, afinal a Ertzaintza informou que detivera dúas persoas. Paradoxalmente, polo que se vé nas numerosas gravacións, non se tratou de seguidores violentos israelitas senón daquelas persoas que se enfrentaban a eles.

As dúas persoas detidas foron xa postas en liberdade, segundo se indicou a primeira hora desta segunda-feira. A primeira destas detencións, por desordes públicas, tivo lugar por volta das 18:15 horas na rúa Villarias, e a segunda, por desobediencia, na zona do Arenal.

Os seguidores do Hapoel Holon están en Bilbo para asistir ao xogo entre o MHP RIESEN Ludwigsburg alemán e o Hapoel U-NET Holon israelita no Bilbo Arena, onde se xogou este fin de semana a Final a Catro da Liga de Campeóns.

Despois do xogo, os seguidores baixaron desde miribilla pola estrada escoltados pola Ertzaintza..

 

 

Movilización pro-palestina

Simpatizantes do pobo palestino realizaron ás 13:00, desde a praza Unamuno unha manifestación para denunciar a violencia exercida polo goberno israelita sobre a xente palestina, no decurso da marcha chamaron ao boicote a Israel.

 

 

Despois dos incidentes xerados polos ultras israelitas, o colectivo veciñal de Bilbo Zaharra concentrouse ás 18:00 na ponte de S. Antón.

Precisamente, neste domingo, as forzas de seguranza sionistas mataron un palestino ao dispararlle cando tentaba cruzar o muro de separación desde a Cisxordania ocupada.

Na mañá seguinte

Na segunda-feira pola mañá o Concello de Bilbo publicou unha nota pedindo á cidadanía que “os incidentes dalgúns non obscurezan un grande evento de cidade e un grande campionato”.

No entanto, os danos causados polos seguidores sionistas do Hapoel Holon son visibeis en Bilbo Zaharra. Por exemplo, o portal veciño ao Bar Amets, onde os ultas israelitas atiraron cadeiras como se pode ver no tweet acima, ten o vidro partido porque os mesmos individuos lanzaron un para-sol contra o vidro.

 

Los ultras israelíes estamparon una sombrilla contra un portal de Bilbo Zaharra dañando el cristal. (NAIZ)

     Os ultras israelitas lanzaron un para-sol do bar do lado contra o portal desta casa (NAIZ)

 

 

Así mesmo, cando unha xornalista de ETB realizaba un directo diante deste mesmo portal, describindo os incidentes do domingo, un xoven, que estaba nunha esplanada próxima, aproximouse e situouse por atrás da informadora, entrando así no plano, coa bandeira palestina.

O bar Amets, que foi o que sufriu os maiores destrozos materiais causados polos ultras sionistas, permaneceu fechado por descanso esta segunda-feira.

Naiz.