A procuradora do caso acrecenta unha acusación de atentado contra a autoridade á causa contra dúas veciñas do Hospitalet de Llobregat identificadas despois de participaren nas mobilizacións contra o encarceramento do goberno catalán e a detención de Carles Puigdemont.

 

O 25 de marzo Carles Puigdemont foi detido no norte da Alemaña. Dous días antes, o Tribunal Supremo ordenara o encarceramento de Carme Forcadell, Jordi Turull, Josep Rull, Raul Romeva e Dolors Bassa. Através das redes sociais foron convocadas concentracións por todo o país, e en Barcelona houbo un chamado a rodear a Delegación do Goberno español. Xuntáronse millares de persoas, ainda que as seis interseccións próximas ao edificio estaban bloqueadas por furgóns das unidades de choque dos Mossos d’Esquadra. Durante toda a tarde, grupos de manifestantes tentaron chegar aos gabinetes do delegado do Goberno español Enric Millo, mais os cordóns policiais impedíronlles a entrada con duras cargas que deixaron decenas de persoas feridas e detidas.

O groso dos procedementos xudiciais foi arquivado -tamén as denuncias interpostas por manifestantes ou xornalistas contra a policía-, mais non o caso de Laia Roca e Lluís Mollon, activistas do Hospitalet de Llobregat cuxa defensa asumiu a organización anti-represiva Alerta Solidària.As dilixencias previas foron parar ao xulgado de instrución 15 de Barcelona, onde a xuíza Beatriz Balfegón acelerou os trámites. Baseándose exclusivamente na palabra de tres axentes á paisana da Garda Urbana de Barcelona eno escrito de acusación da procuradora Sofía Oró, acrescentou á acusación de desordes públicas -con petición de dous anos de prisión- un delito de atentado contra a autoridade contra Mollon, sumando catro anos de prisión e enviando o caso á Audiencia de Barcelona polo feito de o cálculo total de pena de privación de liberdade pedida ser de seis anos de prisión.

Segundo o escrito da procuradoría, ambas as activistas moveron uns “colectores de lixo” cando se efectuaban as cargas de dispersión dos Mossos d’Esquadra mais, lendo a letra pequena do atestado da Guàrdia Urbana de Barcelona -asinado ás 02:45 horas da mañá do 26 de marzo-, vese que este especifica que os colectores eran “de medianas dimensións, dos que utilizan os servizos de restauración”. Por este motivo, reclaman que ingresen durante dous anos no cárcere. No caso de Mollon, os policías locais manifestan ter visto como atiraba unha garrafa que impactou contra un furgón policial, e por iso a Fiscalía acrecenta a petición doutros catro anos de prisión.

 

O tipo penal aplicado pola procuradora é o máis grave posíbel nestes supostos, o do artigo 550.1, que contempra ‘intimidación grave ou violencia’, e o do artigo 551.1, para aqueles casos con ‘armas ou outros obxectos perigosos’.

 

A verdade, no entanto, é que ningunha das dúas foi identificada cando se produciron os feitos, senón tempo despois, a medio quilómetro de distancia, cando estaban sentadas tomando unha cervexa nun banco da Gran Vía das Corts Catalanes. Apesar da suposta gravidade dos feitos, os axentes non as detiveron, só lles tomaron os datos do documento de identidiade. O tipo penal aplicado pola procuradora é o máis grave posíbel nestes supostos, o do artigo 550.1, que contempla ‘intimidación grave ou violencia’, e o do artigo 551.1, para aqueles casos con ‘armas ou outros obxectos perigosos’.

Laia Roca, unha das imputadas, denuncia que ‘hai unha clara desproporción entre as penas que pede a Procuradoría e os feitos que os axentes da Guàrdia Urbana relatan e que, aliás, terán que demostrar’. A veciña do Hospitalet, a maiores, pon en contexto os feitos e asegura que ‘qualquera accións que dalgún xeito se vincula ás reivindicacións independentistas sae das pautas habituais, afrontámolo con poucas expectativas e pouca confianza en que haxa criterios obxectivos, haberá arbitrariedade’. Apesar da perda de confianza na xustiza móstrase firme: ‘Non temos outra que plantar cara e mobilizarnos co grupo de apoio”.

Durante a instrución do caso producíronse algunhas irregularidades. ‘Cando fomos declarar o 20 de abril acollémonos ao dereito a non declarar, vimos que no párking descoberto había furgonetas da policía nacional e pensamos: entramos mais sair non saímos. Desde a azotea do edificio fotografaron e identificaron toda a xente que se concentrara en solidariedade. A xuiza fechou a instrución do caso e enviouno a xuízo un mes despois do día da declaración, de maneira moi rápida, un feito pouco habitual’. A estreita colaboración -alén do que é habitual, segundo fontes do departamento do Interior- entre os Mossos d’Esquadra e o Corpo Nacional de Policía española do Hospitalet acabou converténdose norma na escuadra da policía do bairro de Can Serra da segunda cidade da Catalunya. A finais de xaneiro deste ano saltaba a noticia -publicada en El Món– do desconforto que hai na escuadra entre parte do cadro de persoal e o intendente Josep Llúis Grasa, quen acusan de filtrar toda a información diaria das actuacións policiais ao inspector chefe do CNP Federico Delgado.

Jesús Rodríguez | @albertmartnez

Directa