A Rede Internacional de Estudos sobre Estados de Excepción e Terrorismo de Estado, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela-Grupo HISTAGRA, Centro Internacional de Direitos Humanos-Academia Paulista de Direito, Programa de Pós Graduação em História-Universidade Salgado de Oliveira (Niterói-RJ) e a Secretaría Municipal de Cultura Niterói, organiza o Seminario Internacional: Xustiza Transicional, Memoria Histórica e Dereitos Humanos.

 

 

 

O seminario estrúturase en tres sesións. Cada unha das sesións será transmitida en directo, através da plataforma Microsoft teams. Os enlaces de acceso están disponíbeis na descripción de cada sesión. A asistencia é libre e gratuita.

Sesión do 29 de marzo

Punir, perdoar ou esquecer? Justiça Política no Portugal democrático (María Inácia Rezola)

Justiça de Transição no Brasil, histórico e práticas de uma cultura política (Enio Viterbo Martins)

Sesión do 30 de marzo

Verdad, censura y memoria histórica (Gerardo Albistur)

O combate pelos Direitos Humanos em Portugal (1969-1974) (Teresa Maria e Sousa Nunes)

 

Sesión do 31 de marzo

Direitos Humanos, reparação e história em espaços de memória na América Latina (Adrianna Setemy)

Cidadania e Memória: paixões e figurações democráticas (Alfredo Attiê Jr)

Desaparición forzada de persoas o Estado na loita de clases (Lisandro Cañón)

Coordenador: Julio Lisandro Cañón Voirin

 

A REDE

A Rede Internacional de Estudos sobre Estados de Excepción e Terrorismo de Estado, realizou un I Encontro no ano 2018. Alén de organizar a súa actividade principal -Encontros-, leva adiante outras actividades, tanto académicas como de divulgación. En 2020 publicou o seu primeiro libro e nestes últimos dous anos varios dos seus membros participaron coordenadamente na publicación de dossieres en revistas científicas, así como en diferentes reunións académicas. Ao mesmo tempo, a REDE colabora e contribúe na difusión de actividades doutros colectivos..

Na organización dos Encontros participan tres universidades: dúas de América (Universidad Nacional de Mar del Plata e Universidad Nacional de Tucumán) e unha de Europa (Universidade de Santiago de Compostela). Nun e noutro, interviñeron investigadores/as que forman a RED e outros/as que non.