Os días 12, 13 e 14 de novembro será xulgado en Ferrol o sindicalista da CIG Xesús A. López Pintos para quen a fiscalía pede pena de prisión de dous anos e a acusación particular tres por un delito de ….. O sindicalista, detido en 2012 nunha concentración en defensa do sector naval ás portas dun acto político do PP, presentou denuncia por torturas reiteradas e ameazas na comisaria mais a fiscalía ignora a denuncia ao considerar que a única proba é a sua palabra pois os axentes que contemplaron os feitos nin os impediron nin os denunciaron.

 

Resultado de imaxes para pintos sindicalista cig ferrol comite navantia poligal mitin pp

 

 

Hai agora sete anos, o 4 de outubro de 2012, tiña lugar unha protesta diante do Hotel Almirante en Ferrol. Alí o partido popular celebraba o primeiro acto de campaña nas eleccións ao parlamento de Galiza. Diferentes colectivos e sindicatos manifestaban o seu desacordo coa situación da comarca, das súas empresas e dos traballadores e traballadoras con especial destaque para os de Navantía e Poligal, cuxos comités de empresa apoiaban a convocatoria.

Ao final do acto producíronse varias cargas policiais que resultaron na detención de Xesús A. López Pintos, na altura secretario comarcal da CIG en Ferrol. En comisaria foi obxecto de agresións reiteradas, foi violentamente espancado e constantemente insultado na súa condición de persoa, de sindicalista e no seu pensamento político nacionalista e de clase, como el mesmo relata neste vídeo.

 

 

Como Xesus A. López Pintos fora condenado anteriormente a nove meses de cárcere por defender as mariscadores de Mugardos nun conflito laboral, agora, de ser agora condenado, este antecedente obrigariao a ingresar en prisión