Alternativa Sindical de Policía (ASP) denunciou perante a Procuradoría supostas irregularidades da Universidade Rey Juan Carlos relacionadas cun curso “en liña” de Criminoloxía dun ano de duración e 60 créditos. Segundo o sindicato 200 xefes policiais obtiveron, tamén supostamente, por esta vía o ‘grao universitario’ requirido para accederen a postos de alto nivel A1 na administración- previo pago duns 3.000 euros.
Un sindicato policial denuncia ante la Fiscalía que la Universidad Rey Juan Carlos facilitó el ascenso de 200 mandos con 'títulos exprés'

 

Alternativa Sindical de Policía (ASP) denunciou perante a Procuradoría supostas irregularidades da Universidade Rey Juan Carlos relacionadas cun curso “en liña” de Criminoloxía dun ano de duración e 60 créditos. Segundo o sindicato 200 xefes policiais obtiveron, tamén supostamente, por esta vía o ‘grao universitario’ requirido para accederen a postos de alto nivel A1 na administración- previo pago duns 3.000 euros.

Estes estudos consistían nun único curso anual de 60 créditos (fronte aos 4 ou 5 anos dunha licenciatura do nivel equivalente) e con el 200 mandos policiais terían obtido o título de grao universitario ‘requirido para acceder a postos de alto nivel A1 na administración’, previo pagamento, iso si, duns 3.000 euros.

“Supostamente, os feitos que se expoñen e cuxa investigación se insta, foron cometidos pola Universidade Rey Juan Carlos de Móstoles e a Dirección Xeral da Policía, consistentes na creación dun curso en liña, limitado no que á súa duración e créditos di respecto, co único obxecto de que os integrantes das Escalas Superiores da Policía, Inspectores e Comisarios obtivesen, posteriormente de maneira supostamente fraudulenta, unha titulación suficiente e necesaria para ascenderen aos máis altos cargos da Administración policial. Recentemente desapareceu da oferta formativa porque o Ministerio de Educación ‘puxo en dúbida’ o seu escaso contido curricular e duración para un grao universitario”, explica o sindicato nas redes sociais.

Fonte: Diariocrítico