O exército israelita investiga o tiroteo, que foi grabado polo fotógrafo Mohammad Hmeid nun colonato perto de Belén.

 

El diario israelí Haaretz ilustra el tiro que recibió un menor palestino con una imagen de Mohammad Hmeid.

As imaxes grabadas por Mohammad Hmeid reflecten a situación que vive o pobo palestino na Cisxordania. Osama Hajajra, un estudante de apenas quince anos, recibe un disparo dos soldados israelitas, que previamente lle ataran as mans e vendaran os ollos.

O fotógrafo palestino subiu varias fotografías e un vídeo á súa conta do Facebook, onde explica que o xoven resultou ferido de bala na pasada quinta-feira cando tentaba fuxir dos soldados.

 

 

 

Antes de ser tiroteado, o menor fora arrestado por supostamente ter atirado pedras contra vehículos nun colonato israelita, segundo o xornal israelita Haaretz, que tamén informa que os soldados dispararon a Osama Hajajra nas virillas na aldea de Tekoa, perto de Belén.

No momento do tiroteo, Osama Hajajra tiña os ollos vendados e as maos atadas nas costas. Cando varias persoas tentaron acudirlle, os soldados israelitas apuntaron  as súas armas para elas. Finalmente foi posíbel levar o adolescente a un centro médico.

 

 

As IDF (exército sionista) abriron unha investigación por causa da actuación violenta dos soldados, que perseguian un menor indefenso cuxo caso ficaría silenciado non tivese o fotógrafo Mohammad Hmeid, grabado as imaxes que servirán agora como denuncia das prácticas das Forzas Armadas de Israel.

O xornal Haaretz cita testemuñas que garanten que o xoven foi atendido nunha clinica de Beit Jala, perto de Belén. As imaxes mostran como un soldado atende o ferido en tanto outro ameaza coa súa arma as persoas presentes na escena do tiroteo para evitar que se aproximen do xoven.

Público