Estas memorias contan a historia dun home que pasou máis de catro décadas nunha cela de confinamento solitario: dous por tres metros, vinte-e-tres horas por dia, na coñecida penitenciaria de Angola, na Luisiana (EUA), por un crime que non cometera. Detido varias veces na súa mocidade en Nova Orleans, nos seus primeiros anos no cárcere uniuse ao Partido das Panteras Negras polo seu compromiso social e o seu código de conduta.
Cumpría condena de cincuenta anos por asaltao á man armada cando, no 17 de abril de 1972, foi asasinado un garda branco. Albert e outro membro dos Panteras negras foron logo acusados do crime e transferidos a celas de confinamento solitario polo director do cárcere. Sen probas reais, foron condenados a pena de prisión perpetua en celas de confinamento solitario. Pasaron décadas antes de Albert conseguir un avogado competente. Apesar de todo. non foi liberado até dezaseis anos máis tarde, en febreiro de 2016.
Albert Woodfox é o preso que máis tempo pasou en cela de confinamento solitarios nos Estados Unidos.
Nota: Hai versión en español (Celda de Aislamiento)