Agentes antidisturbios de la Policía Nacional a las puertas del Instituto Can Vilumara de L'Hospitalet de Llobregat fuente EFE

 

O Relatorio de Violación de Dereitos Civis e Políticos en Catalunya foi elaborado no cadro da campaña #SomDefensores, que naceu en setembro de 2017 da necesidade de traballar conxuntamente e coordenar accións das diversas organizacións catalás de defensa dos dereitos humanos, en previsión dunha resposta policial do Estado español perante a convocatoria do 1º de outubro.

O relatorio reúne casos de violacións de dereitos que viviron as cidadadás e os cidadáns por parte das autoridades e institucións públicas durante o mes de setembro e até o 7 de outubro.

O relatorio foi entrado a instancias nacionais e internacionais competentes co propósito de que estas realicen as actuacións que estimaren pertinentes en conformidade coas súas respectivas funcións e competencias: ONU, Consello de Europa, Unión Europea, OSCE, defensor del Pueblo e Síndic de Greuges. No caso dos Relatores Especiais da ONU demándase que consideren a posibilidade de solicitar de oficio unha visita oficial ás autoridades competentes españolas e catalás.

Descarregar aqui o Relatorio en español.