O 30 de decembro do 2016, a avogada Yolanda Ferreiro e o avogado Fernando Blanco (de EsCULcA), foron impedidos de comunicar con tres presos do cárcere de Teixeiro. Segundo o “mando de incidencias” os internos terían renunciado á entrevista, unha afirmación que se demostrou non corrresponder a verdade e agora esgrime o propio governo en resposta á pregunta formulada pola deputada Rocío de Frutos Madrazo (Grupo Socialista) o pasado 20 de abril.

No seu escrito, a deputada lembraba que a visita da letrada e o letrado fora solicitada polos propios internos e a escusa dada polo funcionario identificado como “mando en incidencias” para non permitir a comunicación fora a suposta negativa deles a entrevista. Unha afirmación que posteriormente se demostrou ser falsa, como fixo constar a Adxunta á Defensora del Pueblo (Concepció Ferrer i Casals) a EsCULcA na súa resposta de 19/07/2017 á Queixa presentada por EsCULcA.

Un interno en <b>Teixeiro</b> se enfrenta a siete años más de ...

Nesa resposta, Concepció Ferrer i Casals comunicou ao observatorio que un dos internos (P.B.B.), en declaración escrita á Defensoría del Pueblo, afirmou contundentemente non ter sido informado en ningún momento da presenza de Ferreiro e Blanco no penal, salientando que fora el mesmo quen chamara os letrados para mostrarlles as lesións producidas por agresións violentas de funcionarios do presidio. Os outros dous internos ainda non contestaran o escrito da Defensora del Pueblo (embora si confirmara un deles a EsCULcA non ter sido advertido da presenza de Blanco e Ferreiro). Do terceiro, transferido a outro cárcere, ainda non foi posíbel coñecer o destino.

A deputada tamén preguntaba a Institucións Penitenciarias se tiña constancia destes feitos e se abrira algunha investigación para os esclarecer, así como que medidas tiña pensado adoptar para garantir o dereito de defensa das persoas presas e para que no futuro a eventual negativa a comunicar con avogados e avogadas teña constancia documental co fin de poder ser demostrada fidedignamente a vontade real da poboación reclusa.

Pois ben, na súa lacónica e desinformada resposta de 14/09/2017, o goberno limítase a declarar que o Centro actuou conforme á normativa en vigor e que “o informe que emitiron os Xefes de Servizo acredita suficientemente que os internos foron informados da presenza dos avogados e que ningún deles solicitara a asistencia dos mesmos”.

File:Porta <b>Centro</b> <b>Penitenciario</b> de <b>Teixeiro</b> A Coruña ...