A Plataforma SOS Sanidade Pública manifestou o seu rexeitamento á reforma da Lei de Saúde de Galicia, cuxa aprobación definitiva se debaterá na Cámara galega esta semana, por considerar que é “innecesaria” e que “recorta dereitos e liberdades”.

 

Manifestante cun cartel que di 'Verín non se pecha!' na concentración en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública, en Santiago de Compostela (Galicia) a 9 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo

Manifestante cun cartaz que di ‘Verín non se pecha!’ na concentración en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública, en Santiago de Compostela (Galicia) a 9 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros – Europa Press – Arquivo

 

A organización censura que a reforma fose presentada en forma de proposición de lei do Grupo Parlamentar Popular no canto de polo Goberno para “evitar o informe preceptivo dos servizos xurídicos” do Parlamento sobre a legalidade das propostas.

Así mesmo, considera que se trata dunha medida de mercadotecnia política, ao utilizar a alarma social pola pandemia, e que recorta dereitos e liberdades que noutras circunstancias non serían aceptados pola maioría da poboación, o que “supón un perigoso precedente para outras situacións”.

Alén de asegurar que a actual lexislación xa contén instrumentos legais para afrontar a pandemia, denuncia que a reforma impón, sob a ameaza de grandes sancións, a obriga de realizar probas, vacinacións e tratamentos (nalgúns casos obxecto de debate pola comunidade científica) “invadindo a liberdade de decisión das persoas sobre a súa saúde e vulnerando a Lei de Consentimento Informado”.

Tamén critica que outorgue un “enorme poder” ao comité clínico “integrado maioritariamente por cargos institucionais designados pola Xunta” e que “avance cara a unha especie de Estado policial ao multiplicar o número de autoridades sanitarias con capacidade de intervir en temas sensibeis para as liberdades e o dereito a saúde”.

“Pretende controlar a vida e actividade das persoas, co pretexto de protexer a súa saúde utilizando as novas tecnoloxías informáticas”, denuncia a plataforma, que critica tamén que o réxime de sancións que establece contías ás que non poderán facer fronte boa parte da poboación.

Por último, ademais de censurar que non contemple medidas para intervir sobre a situación das residencias, a plataforma fai un chamado ás forzas políticas, sindicais e sociais a “facer fronte” ao que considera un intento da Xunta de “recortar dereitos e liberdades”.

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública tamén contra a reforma

COMUNICADO

Desde a Asociación  Galega para a  Defensa dá  Sanidade Pública reiteramos o noso apoio á Plataforma SOS  Sanidade Pública e ás forzas políticas que se opoñen #reformar da  Lei  Galega de  Saúde que se debate mañá no Parlamento
1.- Antes de nada queremos rexeitar que nosas criticas respondan a posicións  negacionistas do  COVID. Consideremos que a epidemia teñe unha gran repercusión sobre a saúde da poboación e  apoiamos as medidas destinadas a evitar  contaxios como confinamentos, uso de máscaras ou vacinacións.
2.- Entendemos o cambio da  Lei como unha medidas de márketing político, innecesaria por existir instrumentos suficientes para combater a pandemia e que terá repercusión sobre os dereitos e liberdades cívicas da poboación (que non serian aceptados pola mesma se non existise a actual situación de alarma).
3.- Consideramos, do mesmo xeito que a Organización Mundial da saúde e  diferentes comisións  deontologías, que non .
4.- Tamén estimamos  incensario e perigoso o poder que se outorga ao un Comité Clínico cuxa composición responde a criterios políticos. A multiplicación de organismos con autoridade sanitaria, o  poder  discrecional que se outorga ás mesmas e a multiplicación de controis tecnolóxicos ,  derivan cara a un modelo de sociedade autoritaria.
En base a todo iso esiximos a retirada do proxecto de cambio da  Lei e abrir un proceso colaborativo e  transparente da administración con todas as forzas políticas, sindicais e cidadás para facer fronte eficazmente á epidemia.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública