Os escandinavos venderon os curdos en troca do beneplácito de Ancara á súa entrada na OTAN. Significativamente, o documento subscrito durante o encontro mantido na pasada terza-feira en Madrid polos ministros de Asuntos Exteriores de Suecia, Finlandia e Turquía arranca asegurando, despois dos formalismos de rigor, que os gobernos de Helsinqui e Estocolmo non proporcionarán apoio ás YPG e o PYD, nin á organización baptizada por Erdogan como FETO.

 

29/06/22. Miliciano kurdo de las Fuerzas Democráticas de Siria en Raqqa, con el parche de Abdullah Öcalan.

 

 

Son coñecidas como YPG ou Unidades de Protección Popular unhas milicias constituídas nos territorios do norte ds Siria que controlan os vurdos. Acontece que foron xustamente estas milicias, en colaboración con outras unidades integradas nas chamadas Forzas Democráticas da Siria, as que actuaron como principais aliados terrestres dos norteamericanos e a súa coalición na loita contra o Daesh. Máis dun centenar de españois uníronse a elas xunto con millares doutros occidentais para combater contra o Estado Islámico. O PYD ou Partido de Unión Democrática é unha organización política fundada en 2003 na área comunmente coñecida como Rojava. Por así dicir, é o brazo político de que dependen as milicias anteriores. Por súa vez, FETO é a denominación cuñada polo Goberno de Erdogan para denominar o movemento islámico que dirixe o clérigo Fethullah Güllen. Literalmente significa “organización de terror gulenista”.

 

O acordo non asegura de maneira explícita que as YPG e o PYD sexan consideradas organizacións terroristas

 

A rebuscada formulación en que se concretou o acordo entre Erdogan e os escandinavos non asegura de maneira explícita que as YPG e o PYD sexan consideradas organizacións terroristas, o que de feito non acontece, mais conforme a ese enunciado, a persecución do movemento curdo a pedido de Turquía podería estenderse a todos os refuxiados, o que de feito xa acontece nalgúns lugares de Europa como o estado federado de Baviera. A falacia, moito divulgada, sobre o suposto humanitarismo escandinavo revélase máis ridícula aínda á luz deste novo compromiso.

Moito menos ambigua é a epígrafe en que Suecia e Finlandia “confirman que o PKK é unha organización terrorista proscrita e comprométense a impedir as súas actividades e as doutras organizacións terroristas e as súas extensións, alén das actividades de individuos, grupos ou redes vinculados a esas organizacións terroristas”. Tampouco se referencia aquí de maneira explícita a condena ás YPG, as YBS ou outras formacións políticas de orientación e simpatías apoístas. Contodo, a condena é tan xenérica que podería servir de base para a persecución de todo o movemento curdo no seu conxunto, mesmo se iso contradi as propias constitucións dos dous países europeos asinantes. Dado, por exemplo, que nin o YBS nin o PYD son coñecidos por actividade criminosa de ningún tipo, estender a persecución aos seus membros equivalería a dinamitar os principios fundamentais das democracias finlandesa e sueca. E iso é o que, a xulgar polo acordo, Erdogan pretende e está prestes a conseguir.

 

Os suecos aseguraron que unha nova lei antiterrorista moito máis severa entrará en vigor no próximo 1 de xullo

 

Para terminar de convencer a contraparte turca, os finlandeses lembraron durante as negociacións que no inicio deste ano realizaron emendas do seu código penal que amplía os supostos en que unha actividade é considerada como colaboración co terrorismo. Pola súa parte, os suecos aseguraron que unha nova lei antiterrorista moito máis severa entrará en vigor no próximo 1 de xullo. En ningún dos casos precisaron que ten isto a ver co pobo curdo ou de que modo podería afectar a súa situación en Suecia e en Finlandia.

Suecos e finlandeses lembran na rúbrica sétima do acordo que non hai embargos vixentes á venda de armas a Ancara, apesar das reiteradas agresións e operacións militares sobre o territorio do norte de Siria controladas polos curdos. Nestes momentos, Erdogan ocupa varias porcións de terra e prepárase para unha nova agresión, á que o presente acordo deu un forte impulso. O goberno sueco asegurou onte en Madrid que está a modificar o marco legal regulatorio das súas exportacións aos socios da Alianza Atlántica.

Este aspecto do acordo pode ser interpretado como que Suecia e Finlandia están dispostos a entregar ducias de persoas curdas.

Os escandinavos comprometéronse así mesmo en virtude deste acordo a atender os pedidos turcos pendentes de deportación ou extradición, tendo en conta a intelixencia e as probas proporcionadas por Turquía. Literalmente, este aspecto do acordo podería ser interpretado como que Suecia e Finlandia están dispostas a entregar ducias de persoas curdas a un Goberno que encarcerou millares de xornalistas, políticos e activistas dos dereitos humanos e que dinamitou todos os estándares dunha verdadeira democracia.

Dun modo máis específico, finlandeses e suecos aseguran que investigarán todas as actividades de financiamento e recrutamento levadas a cabo polo PKK e outras organizacións terroristas e dos seus grupos afiliados. Máis unha vez, é obvio que esta é unha fórmula de compromiso para satisfacer os turcos sen incluíren de forma explícita ás YPG/YPJ ou o PYD. O que este acordo signifique finalmente ou o xeito en que vaia transformar a vida da comunidade curda escandinava dependerá ao final do modo en que sexa implementado, aínda que a xulgar pola súa formulación, a caza ás bruxas podería comezar logo.

Público