Un preso interno na enfermaría do cárcere de Asturies tirou a vida na tarde do día de onte utilizando un cinto para se enforcar. Os feitos aconteceron nun dos patios do presidio. O preso, cuxa identidade corresponde ás iniciais J.M.V.P., utilizou unha barra de ferro para se pendurar. Polo pouca información que se ten no exterior, resulta difícil comprender como unha persoa a tratamento na enfermaria puido esganarse nun lugar, o patio, onde había outras persoas.
.
.
Interior de la cárcel de Asturias.
                                                   Foto: Miki López
.
.

O centro prisional abriu unha investigación para determinar as circunstancias de tan estraña morte e deberá esclarecer como foi posíbel un preso a tratamento matarse nun local aberto con presenza de funcionarios.

No ano pasado, outro recluso tirara a vida e un segundo interno falecera despois de sufrir un enfarte.

Luis Ángel Vega

La Nueva España