Onte, 23 de novembro, os media divulgaron a noticia da morte dun xoven sirio que, despois de correr nu durante varios minutos polo centro de Zaragoza berrando ‘Alá’, acabou suicidándose cun coitelo nunha das prazas da cidade.
.
.

 

O xoven padecía serios problemas mentais. Non se sabe ainda se estaba sendo tratado. Os axentes da Policía acudiron ao lugar dos feitos e, apesar de tentaren disuadilo, non impediron que acabase por tirar a vida producíndose numerosas feridas cun coitelo. As persoas que presenciaban a escena urxiron os axentes a deteren o xoven para evitar que se suicidase, mais, apesar de seren 11 e estaren todos eles, os axentes armados non interviron até ser xa demasiado tarde.

Na manhá desta cuarta feira, El programa de Ana Rosa  ofreceu as imaxes do acontecido. Nelas pode verse como, xa na praza, un total de once policías rodean o xoven e como este fai caso omiso das recomendacións que lle fan. Finalmente cae na fonte de agua que hai atrás del.

“Contamos uns dez ou doce axentes que o apuntaban coa arma regulamentar. Entendo que ten unha explicación, mais eu non o entendo”, comentou Patricia Pardo no matinal de Telecinco.

“Aquí tería sido vital unha taser. En lugar de falar, mándaslle unha ‘viaxe’ coa taser e acaba a historia”, resolve o porta-voz do sindicato dos Mossos d’Esquadra, Toni Castejón, rotundo. “Como non a teñen, continúan. Comezan a chegar reforzos, no entanto o mozo comeza a esfaquearse”, conclúe.

“Temos que pornos en situación: tes unha persoa que cres que é un terrorista que pode atacarte e comezar a acoitelar. No terrorismo nunca sabes con que podes topar, se hai mais persoas ou se é unha armadilla”, acrecenta Castejón.
.
“El está esvaíndose en sangue nunha fonte. É evidente que é completamente vulnerábel e o que non entendo é por que hai tantísimos axentes coa arma regulamentar. Ninguén sabe facer nada nese momento?” -pregunta outra vez a presentadora do programa- “Os axentes non só o sacan, senón que tamén lle fan torniquetes para tentar tapar as feridas”, deféndese o porta-voz dos Mossos d’Esquadra.

20 minutos