En caso de penuria enerxética, o plano do Consello Federal da Suíza é claro: haberá que aquecer menos as casas. Para os que desobedezan a ordenanza do gas, as sancións poderán ser severas: da simples multa ao… cárcere.
.
.
Maria Dubovikova on Twitter: "Swiss citizens who will violate government directives by overheating their homes to temperatures above 19 degrees this winter will face fines and jail terms of up to three
..
Ruedi Studer

 

Correría o risco de ir á cadea por pór o aquecemento a 20º en lugar dos 19º permitidos este inverno? Se falta o gas durante a estación fría, a Confederación Helvética podería efectivamente actuar neste sentido. Nos edificios aquecidos a gas, a temperatura non deberá ultrapasar os 19 graus, a agua quente non poderá superar os 60 graus e os radiadores e equipamentos de ar quente serán prohibidos. Saunas e piscinas deberán permanecer apagadas.

Os que desobedezan as directivas do goberno arríscanse a ser castigados con multa ou mesmo pena de prisión! En caso de infracción deliberada, a pena pode ser de até tres anos de cárcere. Mesmo en caso de infracción por neglixencia, a sanción económica poderá ser de até 180 días-multa.

É o que prevé a lei federal sobre o aprovisionamento económico do país, ao que se refere o Departamento de Economía Federal (DEF) explicitamente nun documento oficial.

Delitos, e mesmo crimes

“As infraccións á lei sobre o aprovisionamento do país son sempre delitos, e mesmo puntalmente crimes, e deben ser perseguidas de oficio polos cantóns”, explica o porta-voz do DEF, Markus Sporndli. A lei non propón portanto “ningunha base para as multas correspondentes”.

As penas pecuniarias non deberían porén ser necesariamente máis elevadas que as multas e poden ser tratadas por ordenanza penal polo Ministerio Público, explica Markus Sporndli. Así, a taxa diaria das sancións pecuniarias é por regra de 30 francos como mínimo e de 3000 francos como máximo. “O número de días-multa é determinado en función da falta”, subliña o porta-voz. E o montante do día-multa éo en función da situación persoal e económica do autor da falta.

Pois está claro: quen tiver mal regulado o termostato por neglixencia, safará mellor que quen quentar voluntariamente a piscina a 25 graus. A sanción será ainda mais dura para unha empresa que supere deliberadamente as limitacións do consumo de gas. A ordenanza sobre o continxencia será así mesmo regulada conforme ás disposicións penais.

Posibeis controis puntais

Corremos o risco de desatar unha caza ás bruxas coas persoas demasiado gulosas de enerxía? “Non somos un estado policial, asegurou o ministro de Economía, Guy Parmelin, na pasada cuarta-feira durante a conferencia de prensa do Consello federal. A policía non entra por regra xeral na casa da xente, mais pode haber controis puntuais”. Existen, con efecto, directivas noutros ámbitos que non son controladas permanentemente.

“Os proxectos de ordenanzas baséanse en primeiro lugar no feito de que a grande maioría da poboación respecta as lei”, subliña Markus Sporndli.

Controis na zona cinzenta

No entanto, a Confederación é plenamente consciente que se interna nunha zona cinzenta. Saber se as medidas se toman no lugar adecuado -por regra xeral é máis caro construir un muro exterior que un muro interior- corresponde aos tribunais.

Nas súas explicacións, o DEF precisa que é “extremamente dificil definir o criterio ‘non utilizado’ de maneira máis detallada e sobretodo máis precisa” no que di respecto á prohibición de aquecer os edificios non utilizados. A cuestión de definir o límite entre utilización e non-utilización sitúa “o lexislador diante dun desafío importante”.

Aplicar a lei con “discernimento”

O desafío é ainda maior para os cantóns que teñen que controlar as prescripcións de prohibición. O director da policía, Fredy Fässler, xa instara a Confedéración a “impor unicamente medidas que sexan aplicabeis e sobretodo controlabeis”.

O conselleiro de Estado non quixo pronunciarse ainda sobre esta cuestión e remeteu para a consulta en curso.

“Hai no entanto por agora algunhas cuestións abertas que deben ser esclarecidas”, precisa Fredy Fãssier en Blick. Así, por exemplo, será preciso delimitar que autoridade ou institución é responsábel de que controis. O conselleiro de Estado non quer que a policía da enerxía vaia de porta en porta. “Queremos aplicar a ordenanza con discernimento”.

Fredy Fassler sabe que haberá que contar cun certo  número de delacións, tal como aconteceu durante a pandemia do Covid, “Se se presenta unha queixa neste sentido, a policía é obrigada a actuar”, explica o director da policía.

Blick