O colectivo de apoio ás persoas presas Abaixo os Muros! informa que, máis unha vez, todos os vis-à-vis ficaron interrompidos nos cárceres galegos salvo, por agora, no penal de Bonxe. Como en ocasións anteriores, a causa alegada é o agravamento da pandemia e o aumento do número de contaxios e, tamén como en ocasións anteriores, as direccións dos centros non ofrecen alternativa algunha para evitar, ou polo menos compensar, esta suspensión de dereitos.

 

 

Abaixo os Muros! pregúntase

  • Por que as PCR non serven para entrar a ver un familiar como serven para entrar noutros lugares?
  • Por que ainda que familiares de persoas presas presenten tests de antíxenos con resultado negativo avalados pola Xunta, a persoa presa é condenada a estar despois de unha visita isolada 5 ou 10 días nunha cela de 3×2 mts cunha única saída ao día de apenas 8 minutos?
  • Cal é a ordenanza, regulamento ou outro documento oficial de Sanidade Penitenciaria en que están recollidos os motivos dunha nova suspensión de vis-à-vis?
  • Quen emitiu esa norma?
  • A que lei ou real decreto se acollei para tomar esa decisión?

Tamén chama Abaixo os Muros! a telefonar aos cárceres e formular estas preguntas para presionar Institucións Penitenciarias a procurar unha alternativa razoábel a esta reiterada suspensión de dereitos a que se ven sometidas as persoas presas cada vez que se produce un agravamento da pandemia.