O perigo que representa ser activista polos dereitos humanos en Colombia tradúcese nos crimes de que son vítimas potenciais todas aquelas persoas que se resistan ás imposicións do Estado, que loiten polo respecto dos pobos orixinarios, que defendan causas nobres como a protección de medio ambiente, ou que informen acerca da violencia coa que os grupos armados arremeten contra as comunidades indíxenas.

 

Denuncian que las medidas adoptadas por la crisis de la COVID-19 aumentan la vulnerabilidad de defensoras de derechos humanos en Colombia. • Ecologistas en Acción

 

 

O 17 de xuño do pasado ano este mesmo xornal publicaba un artigo en que se informaba do asasinato de líderes sociais na Colombia. Calculando a media para 2021, as cifras do Estudo para o Desenvolvemento e a Paz confirmaban un total de 74 activistas indíxenas vítimas do terrorismo de Estado. “A persecución e o asasinato contra membros da comunidade indíxenas e líderes sociais intensificouse ao comezar o período presidencial de Iván Duque, e non necesariamente desde o levantamento popular que precedeu a greve que desatou os confrontos entre civís e militares”.

O balanzo final mostra un número de crimes moito máis elevado. Segundo a Valedoría do Pobo, de xaneiro a decembro de 2021 foron asasinados 145 activistas dos dereitos humanos; e no que di respecto ao recentemente iniciado 2022, un total de tres indíxenas -entre eles un neno de 14 anos membro do Resguardo de las Delicias e defensor ambiental- foron brutalmente asasinados.

 

En marzo de 2020 Michel Forst, relator especial das Nacións Unidas, informou que o Goberno de Iván Duque recusáralle a autorización de entrada ao país para finalizar o relatorio presentado ante o Consello dos Dereitos Humanos

 

Segundo a ONG Global Witness, Colombia é o país máis perigoso para os ambientalistas. Sesenta e cinco deles morreron cribados polas balas que o goberno de Iván Duque atribúe ao narcotráfico.

Colombia e a violencia que non cesa

As diferentes organizacións sociais que desenvolven estudos e estatísticas en base ás denuncias das comunidades indíxenas, alertaron xa que por trás destes homicidios hai axentes estatais e guerrilleiros que, apesar do acordo de paz asinado en 2016, continúan a loita armada.

En 2018 o Consello dos Dereitos Humanos da ONU presentou un relatorio sobre a situación dos activistas en Colombia. Michel Forst, relator especial das Nacións Unidas, sostivo que as persoas defensoras dos dereitos humanos son asasinadas e violentadas por defemder a paz, oporse aos intereses do crime organizado, as economías ilegais, a corrupción e a pose ilícita da terra; e por protexer as súas comunidades. As defensoras -agregou- son obxecto de violacións específicas de xénero e as súas familias son tamén albo de ataque.

Forst detallou tamén que os defensores dos dereitos humanos máis expostos despois do Acordo de Paz “son os líderes sociais e comunitarios, os étnicos, e sobretodo os promotores das políticas derivadas do Acordo de Paz, en particular o Programa Nacional Integral de Substitución de Cultivos Ilícitos e a reforma agraria, así como os reclamantes de terra”.

O relator especial da ONU alertou así mesmo sobre o aumento de ataques contra a liberdade de prensa. “Os xornalistas e traballadores dos medios de comunicación que traballan sobre temas de dereitos humanos e corrupción están en maior risco, e quen traballa nas rexións de Arauca, Cauca, Antioquia e Nariño está máis exposto. Nas zonas rurais denunciouse un clima xeneralizado de temor que levou á autocensura do sector”, apuntou.

En marzo de 2020 Michel Forst informou que o Goberno de Iván Duque negáralle a autorización de entrada ao país ao país para finalizar o informe presentado ante o Consello de Dereitos Humanos.

Nueva Tribuna