Dende o 11 de setembro, os fiscais federais aplicaron as leis antiterroristas contra 34 extremistas de direita. Contra o terrorismo internacional, os procesados foron 500.

Imaxe: Soohee Cho/The Intercept, Redux, AP

Os extremistas violentos de extrema direita rara vez son procesados como terroristas

Nunha ruela estreita de Charlottesville, Virginia, James Alex Fields Jr. apertou o acelerador do seu Dodge Challenger gris. Diante del camiñaban ducias de persoas. Viñeran protestar contra Fields e outros centenares de supremacistas brancos que se presentaran de imprevisto nesta agradábel universidade do sur para manifestarse sob a palabra de orde “Unamos a Direita” en agosto de 2017.

As rúas son nosas!”, entoaban os manifestantes en resposta aos supremacistas brancos. “As rúas son nosas!”

Cando algúns dos concentrados se decataron de que o Dodge gris non se detiña, comezaron a berrar. E entón chegaron as feridas e os estrondos e finalmente unha colisión cando Fields, despois de arremeter contra a multitude abatendo varias persoas, virou o Dodge antes de se esnafrar contra outro vehículo.

Merda!”, exclamou un dos manifestantes. “O nazi pasou por riba da xente. Oh, meu Deus! Precisamos paramédicos agora mesmo!

Nesa altura Fields virou o carro para atrás e recuou até a estrada principal, co parachoques dianteiro raspando o pavimento e o motor gruñindo.

Heather Heyer, veciña de Charlottesville de 32 anos, faleceu vítima do ataque. Outras 19 persoas, como mínimo, resultaron feridas.

Fields, un mozo de vinte anos de Ontario que desde o instituto viña expresando abertamente opinións racistas, fora á manifestación de Virginia co grupo de brancos supremacistas Vanguard America. Foi acusado nun xulgado do estado de Virginia de asasinato e nun xulgado federal de crimes de odio. Non foi xulgado como terrorista, a pesar de que o que na altura era Fiscal Xeral, Jeff Sessions, cualificase inicialmente o ataque de Charlottesville conforme “á definición de terrorismo”.

No entanto, ao se pronunciaren as acusacións federais contra Fields dez meses despois Sessions evitou empregar a palabra “terrorismo”, afirmando que o Departamento de Xustiza estaba decidido a que as ideoloxías baseadas no odio non tivesen a última palabra e a que os seus seguidores pagasen polos crimes violentos contra as súas vítimas”.

Unha análise feita por The Intercept das acusacións federais formuladas dende o 11 de setembro achou que o Departamento de Xustiza declinou rotineiramente presentar cargos de terrorismo contra extremistas de dereita, mesmo cando os alegados delitos coincidían coa definición legal de terrorismo doméstico: accións politicamente motivadas lesivas para a vida humana e destinadas a intimidar civís, influir nas decisións políticas ou modificar as decisións do goberno.

Se Fields fose un musulmán aliñado cun grupo terrorista internacional, o Departamento de Xustiza tería sen dúbida manexado este caso de xeito diferente. Segundo o reconto de The Intercept, dende o 11 de setembro 268 extremistas de direita estiveron supostamente involucrados en delitos que parecen encaixar na definición legal de terrorismo doméstico. Porén, o Departamento de Xustiza aplicou as leis antiterrorismo apenas contra 34 deles, fronte aos máis de 500 supostos terroristas internacionais contra os que si se aplicou a lexislación antiterrorista.

O FBI admitiu que os fiscais federais acusan moitos extremistas violentos locais de delitos diferentes dos de terrorismo, defendendo que cargos máis simples son a miúdo máis efectivos nestes casos. Mais as consecuencias de tratar o terrorismo doméstico e internacional de xeito diferente son amplas e profundas. Os cargos de terrorismo conlevan penas máis duras e serven a miúdo de declaración oficial sobre a severidade do crime.  

O terrorismo é considerado o tipo máis importante de delito”, afirma Jesse Norris, profesora de dereito penal na State University de Nova Iorque en Fredonia. “Non é un delito contra alguén, é un delito contra tod@s. Cando son incluídas persoas e delitos nesa categoría, é porque se lles dá máis importancia. A xente toma eses delitos máis en serio. Por iso é un problema que teñamos esta duplicidade de criterios e clasifiquemos a violencia terrorista internacional como terrorismo e a violencia terrorista doméstica como non terrorismo.”

Tomemos o caso de Sayfullo Saipov, un inmigrante uzbeco que matou oito persoas atropelándoas cun camión Home Depot alugado nunha ciclovía case tres meses despois do ataque de Charlottesville. Saipov, que resultou ferido na agresión, estaba tan orgulloso das súas lealdades militantes que pediu aos axentes federais poder exhibir a bandeira do “Estado Islámico” no seu cuarto de hospital.

O crime de Saipov foi case idéntico ao de Fields, mais Sessions cualificou este ataque de “acto calculado de terrorismo no corazón dunha das nosas grandes cidades”. Saipov foi acusado nun tribunal federal de asasinato e de fornecer apoio material ao ISIS.

Tanto Saipov como Fields atraíron a atención da nación. Ambos son extremistas que supostamente utilizaron vehículos como armas mortais. Mais, como un foi motivado por unha ideoloxía extremista foránea e o outro por unha doméstica, os fiscais federais consideraron terrorista o primeiro e un tolo branco dominado pola ira o segundo.

Police work near a damaged Home Depot truck Wednesday, Nov. 1, 2017, after a motorist drove onto a bike path Tuesday near the World Trade Center memorial, striking and killing several people, in New York. (AP Photo/Andres Kudacki)A policía investiga un atentado en Nova Iorque en Novembro de 2017. Fotografía: Andres Kudacki/AP, Craig Ruttle/AP

A photo of Sayfullo Saipov is displayed at a news conference at One Police Plaza Wednesday, Nov. 1, 2017, in New York. Saipov is accused of driving a truck on a bike path that killed several and injured others Tuesday near One World Trade Center. (AP Photo/Craig Ruttle)Imaxe de Sayfullo Saipov mostrada nunha conferencia de prensa  en Novembro de 2017. Fotografía: Andres Kudacki/AP, Craig Ruttle/AP

O feito de que algúns atentados mortais e tramas de supostos terroristas domésticos teñan atraído nos últimos meses a atención dos midia, parece ter contribuído a que aparecesen certos indicios de que os fiscais federais e a policía estarían comezando a revisar o seu enfoque. Os funcionarios empregaron repetidamente o termo “terrorista doméstico” para referirse, por exemplo, a Christopher Hasson, un tenente da Garda Costeira, nacionalista branco confeso, que teria conspirado para matar políticos e xornalistas, embora a acusación formal de delito de terrorismo aínda estea pendente. Por outra parte, funcionarios actuais e anteriores do Departamento de Xustiza comezaron a falar máis abertamente sobre o terrorismo doméstico como unha preocupación premente.

Porén, hai aínda unha disparidade significativa en como son xestionados estes dous tipos de violencia politicamente motivada, unha disparidade enraizada e altamente politizada na maneira en que as leis dos EUA e os funcionarios do Departamento de Xustiza definen os actos de terrorismo. O terrorismo foi sempre un construto político –existe mesmo un cliché ao respecto– mais a súa definición legal nos Estados Unidos data apenas de 1986, cando a Lei Omnibus de Seguridade Diplomática e Antiterrorismo definiu como delito os atentados terroristas contra diplomáticos ou cidadáns estadounidenses de viaxe no estranxeiro.

Nos anos noventa, a Lei Antiterrorista contra as Armas Biolóxicas e a Lei Antiterrorismo e de Pena de Morte Efectiva tipificaron os feitos terroristas perpetrados nos Estados Unidos, incluíndo aqueles inspirados por ideoloxías domésticas, como delitos federais. Antes destas leis non existía o terrorismo no código penal dos EUA, e foi só a partir dos ataques 11 de setembro que as leis antiterroristas comezaron a ser amplamente usadas nos procesos penais federais. Estas leis foron criticadas e postas en causa por xuristas e defensores dos dereitos civís pola dificultade intrínseca que presenta a laxa definición de terrorismo, unha garantía segura de abuso procesual.

O Departamento de Estado proporciona un amplo cadro legal – así como a súa cobertura política- aos fiscais federais para presentaren cargos contra supostos terroristas internacionais. Neses casos, acusar alguén de terrorismo é relativamente simples. O Departamento de Estado fornece unha lista das organizacións estranxeiras chamadas terroristas; calquera persoa que apoie un destes grupos pode ser acusada de delitos relacionados co terrorismo.

Os sospeitosos de terrorismo doméstico desfrutan de proteccións legais básicas negadas ás persoas acusadas de ligazóns co terrorismo internacional. Como se teme que unha lista de grupos terroristas domésticos podería ser inconstitucional por criminalizar ideas e ideoloxías impopulares amparadas pola Primeira Emenda, tal lista non existe, o que fai que sexa máis difícil cometer abusos procesuais contra actores domésticos, abusos de que si son obxecto os terroristas internacionais. Mais os fiscais aínda terían un feixe de ferramentas legais ao seu dispor para ir contra os supostos extremistas domésticos.

Entre estas ferramentas está a lei expansiva contra quen proporcione apoio material a terroristas, que contén dúas disposicións. Unha ilegaliza case calquera tipo de apoio a organizacións que figuren na lista de grupos terroristas estranxeiros do Departamento de Estado, e xa foi empregada de maneira ampla e controversa polos fiscais para atacaren actividades políticas non violentas ou mesmo actividades caritativas, todo coa escusa do terrorismo.

A definición de apoio material é vía de regra extremamente laxa, preocúpanos a súa excesiva amplitude e vaguidade”, afirma Hina shamsi, directora da Proxecto de Seguridade Nacional da ACLU. Un número preocupantemente elevado das acusacións de apoio material, incluíndo operacións encubertas abusivas, son formuladas contra xente que en realidade non ten vínculos con ningún grupo terrorista ou extremista; unhas veces porque non cometeron ningún tipo de acto violento; outras porque nin sequera tentaron cometelo”.

A outra disposición da lei de apoio material faculta o Departamento de Xustiza a perseguir persoas sospeitosas de teren colaborado nun dos 50 delitos catalogados como terrorismo, incluíndo o bombardeo de edificios gobernamentais, o asasinato de funcionarios do governo, o emprego de armas de destrución masiva ou a tomada de reféns. Ora ben, cando se trata de extremistas domésticos, a aplicación da lei de apoio material depara con algunhas limitacións prácticas. No caso de atentados terroristas en que non se utilice unha bomba ou un dispositivo radiolóxico – como foi o caso do tiroteo masivo de Dylann Roof en Carolina do Sur ou o ataque cun vehículo de Fields en Virginia-, a lei esixe, para poder ser aplicada, que se produza un homicidio, a tentativa de matar un empregado do governo dos Estados Unidos ou a destrución de propiedade do governo. Restricións que a lei non require cando se trata de un atentado perpetrado por unha persoa afiliada ou inspirada por unha organización terrorista internacional.

WASHINGTON, DC - OCTOBER 26 - President George Bush delivers speech before signing Patriot Act Anti-Terrorism Bill at the White House. Shown next to Bush, Vice President Dick Cheney, shown in background (L-R) Rep. James Sensenbrenner, Attorney General John Ashcroft, FBI Director Robert Mueller and CIA Director George Tenet. (Photo by Rich Lipski/The Washington Post via Getty Images)Discurso do Presidente George W. Bush antes de asinar a Patriot Act na Casa Branca (26 de Outubro de 2001). Atrás de Bush o Vice Presidente Dick Cheney, Rep. James Sensenbrenner, o Fiscal Xeral John Ashcroft, o Director do FBI Robert Mueller, e o Director da CIA George Tenet. Fotografía: Rich Lipski/The Washington Post via Getty Images

O terrorismo en números

Os centenares de procesos contra musulmáns que tiveron lugar inmediatamente despois dos ataques do 11 de setembro crearon a percepción de que o terrorismo internacional é unha ameaza significativamente máis grave e máis persistente do que o extremismo doméstico de direitas. Mais hoxe é materia de aceso debate decidir se unha é máis grave do que a outra. Estudos académicos, think tanks, grupos de dereitos civís, e organizacións de noticias suxiren que o terrorismo de extrema direita supón en realidade a maior ameaza. Un relatorio de 2017 da Oficina de Rendición de Contas do governo dos EUA sobre violencia terrorista, que estuda o período do 12 de setembro do 2001 ao 31 de decembro do 2016, acha que se ben é lixeiramente maior o número de persoas que morreron vítimas de atentados extremistas musulmáns que o número de vítimas que deixaron os atentados perpetrados polos seus equivalentes de dereita nacional, estes últimos foron responsábeis do triplo de actos violentos. Investigacións da Liga Anti-Difamación sobre os 573 “falecementos relacionados co extremismo” acontecidos entre 2002 e 2018 mostran que o oitenta por cento destas vítimas foron mortas por extremistas de direita.

Todo depende de como se conte”, di Morris.

Mais unha cousa fica clara: ao acusar de terroristas case exclusivamente os extremistas internacionais, o Departamento de Xustiza fai crecer a percepción da ameaza que supoñen estes delitos en comparación coa que supoñen os que se comenten en nome de ideoloxías domésticas de dereita. A prensa reforza esta percepción: un recente estudo da Universidade de Alabama achou que os ataques terroristas perpetrados por extremistas musulmáns reciben un 357% máis de cobertura mediática que os ataques cometidos por non musulmáns.

Esta duplicidade de criterios ten importantes consecuencias en como o FBI e outras axencias de cumprimento da lei asignan os recursos antiterrorismo, levando invariabelmente a seren priorizadas as ameazas internacionais sobre as domésticas. En tanto ningún goberno cuantifica o número de extremistas nacionais arrestados por autoridades federais, estatais e locais, os funcionarios do Departamento de Xustiza elaboran con meticulosidade a lista das acusacións de terrorismo internacional producidas dende o 11 de setembro. Esa lista foi feita pública periodicamente: en 2010, 2014 e 2015. E os datos son a miúdo usados para promover iniciativas políticas, como aconteceu no ano pasado cando a administración Trump aparentemente manipulou a lista nun intento de xustificar o seu así chamado veto musulmán.

Por tanto, quen son os terroristas domésticos de dereita nos Estados Unidos? O sistema actual deixou esa decisión en mans os fiscais federais. Despois de un partidario de Donald Trump ter enviado en outubro artefactos caseiros a líderes do Partido Demócrata e detractores do presidente, e nos albores do máis mortífero ataque antisemita na historia dos Estados Unidos, estas decisións procesuais parecen máis decisivas do que nunca antes.

É claro que temos grupos terroristas domésticos nos Estados Unidos. Só que non lles chamamos grupos terroristas”, di Brenda R. McGuire, antiga fiscal xefe responsábel de terrorismo na oficina do Fiscal Xeral dos EUA para o Distrito Sur de Nova Iorque. “Falando claro, continúan a existir reticencias dentro do governo a aplicar a etiqueta de terrorismo a condutas estritamente nacionais. Temos moitas máis experiencia e estamos máis cómodos exportando esa etiqueta, vendo o terrorismo como algo que só vén do exterior.

In this Oct. 27, 2018 photo, Rabbi Eli Wilansky lights a candle after a mass shooting at Tree of Life Synagogue in Pittsburgh's Squirrel Hill neighborhood. Robert Bowers, the suspect in Saturday's mass shooting, expressed hatred of Jews during the rampage and told officers afterward that Jews were committing genocide and he wanted them all to die, according to charging documents made public Sunday. (Steph Chambers/Pittsburgh Post-Gazette via AP) 27 de outubro de 2018. O Rabino Eli Wilansky prende unha candea despois do tiroteo masivo na sinagoga Árbore da Vida do barrio Squirrel Hill de Pittsburgh. Robert Bowers, o sospeitoso do atentado, mostrou o seu odio aos xudeus durante o tumulto e despois dixo aos funcionarios que estes cometían xenocidio e quería que morresen todos, segundo documentos que a acusación fixo públicos. (Steph Chambers/Pittsburgh Post-Gazette via AP)

Diretrices Vagas, Leis Infrautilizadas

Que fai que o atentado dun branco supremacista ao grupo dunha minoría deba ser considerado terrorismo e non, digamos, un crime de odio? Cando un fanático antiabortista coloca unha bomba nunha clínica de mulleres, debería ser acusado de emprego armas de destrución masiva ou de pose de explosivos, un delito menor?

O terrorismo é subxectivo. A ollos dos fiscais federais, un simpatizante do ISIS nado estadunidense e que nunca coñeceu outro partidario do ISIS, por exemplo, é terrorista se comete un acto de violencia e o atribúe á organización terrorista. Un branco supremacista que concerte con outros brancos supremacistas a colocación de bombas podería ser un terrorista, mais como norma só é acusado de pose e emprego de explosivos. Esa acusación pode describir os feitos do suposto crime, mais non conxura automaticamente o sentido de perigo colectivo que conleva o cargo de tentativa de empregar armas de destrución masiva.

Como tantas outras facetas do discurso antiterrorista, a apreciación baséase, antes do que nos datos, nos sentimentos que suscitan os feitos”, di Michael German, antigo axente do FBI, membro agora do Centro Brenan para a Xustiza da New York University Law School. “Na década de noventa, o terrorismo era empregado normalmente como ferramenta retórica. Se se quería afirmar que un dado tipo de violencia era extremamente perversa, dicíase que era terrorismo. Ora, no xulgado isso carecía de importancia. Alí a acusación era de asasinato ou de conspiración”.

Ao empregar un termo pexorativo como ‘terrorismo’ no tribunal, politízase a acusación”.

As directrices do Departamento de Xustiza Interior son tan vagas que os fiscais a miúdo inventan os seus propios criterios para decidir se clasificar un delito relacionado co terrorismo de extremismo doméstico, afirma o antigo fiscal federal Henry E. Hockheimer. Cando Hockheimer estaba no Departamento de Xustiza, el e os seus colegas desenvolveron o seu propio conxunto de regras para determinar cando acusar un sospeitoso dun delito de terrorismo, baseándose en parte no número de persoas obxecto do atentado, aínda que a lei non inclúe referencia específica algunha a este criterio. “Compre facer a pregunta a un mesmo: o atentado está dirixido a causar a perda dun grande número de vidas? Ou é dirixido a unha área determinada para matar unha ou dúas persoas?” sinala Hockheimer. “É preciso ter en conta o resultado do atentado”.

Os funcionarios do FBI e do Departamento de Xustiza utilizan o recente rexurdimento do extremismo de ultradireita para propor unha nova lei de terrorismo doméstico, nunha actitude similar á que levou os congresistas, após os ataques do 11 de setembro, a demandar novas leis para combater Al Qaeda e aprobaren a Patriotic Act. Unha lei que deu orixe a multitude de normas antiterroristas e expandiu os poderes de vixilancia do goberno. Mais será realmente necesario o endurecemento da lexislación tendo en conta que os fiscais xa teñen poderosas e controvertidas leis antiterroristas ao seu dispor – leis que só raramente eles mesmos aplicaron aos extremistas de direita?

Entre os relativamente poucos acusados que afrontan cargos de armas de destrución masiva dende o 11 de setembro encóntrase o extremista Jerry Drake Varnell, a quen un axente encuberto do FBI proporcionou un furgón cargado cunha falsa bomba. Varnell tentou detonar a bomba a carón dun banco en Oklahoma City. Foi acusado e convicto de varios delitos, incluíndo a tentativa de empregar armas de destrución masivas – un cargo que é case universalmente aplicado a musulmáns apañados en operacións antiterroristas semellantes á súa.

Mais Varnell é só un dos vinte e catro extremistas de direta que desde o 11 de setembro afrontan cargos de pose de armas de destrución masiva. OS fiscais máis frecuentemente presentan cargos menores contra actores violentos de direita como Thaddeus Cheyenne Murphy, que bombardeou unha oficina da NAACP en Colorado e foi acusado de pose ilícita de armas e de as posuír tendo antecedentes penais. Máis recentemente, Paul M. Rosenfeld, foi condenado por delito de pose de explosivos. Planexaba detonar unha bomba caseira no National Mall o día das eleccións de 2018 para concientizar a xente sobre a “sortición”, unha teoría `política que avoga pola escolla aleatoria dos representantes públicos en lugar de a súa elección.

O uso infrecuente e de baixo perfil das leis antiterroristas nos casos de atentados planexados ou cometidos por terroristas de direita preparou o terreo para o xurdimento da reivindicación de novas leis para combater os terroristas domésticos. Thomas E. Brzozowski, antigo membro do FBI que agora é maxistrado do Consello de Terrorismo Doméstico do Departamento de Xustiza, argumenta que as leis actuais limitan a capacidade dos fiscais para acusar e cualificar os terroristas domésticos. “En moitas instancias o governo sofre restricións que lle impiden até certo punto declarar “Señoras e señores, aquí existe terrorismo nacional”, afirmou Brzozowski no evento organizado polo Programa sobre Extremismo da George Washington University en xaneiro.

WASHINGTON, D.C.-MAY 10: Acting Assistant Attorney General Mary McCord is moving on from the Department of Justice after 25 years. As head of the National Security Division, she oversaw a variety of investigations ranging from the potential Trump-Russian ties to counter terrorism, cyber and export control crimes. She was photographed in the courtyard of the Department of Justice in Washington, D.C. (Photo by Michael S. Williamson/The Washington Post via Getty Images) Mary McCord, diante do Departamento de Xustiza en Washington, D.C., 10 de Maio de 2017. Fotografía: Michael S. Williamson/The Washington Post via Getty Images

Brzozowski foi secundado por un coro de funcionarios e ex-funcionarios do Departamento de Xustiza e do FBI. O pasado mes, Thomas T. Cullen, fiscal dos EUA para o distrito oeste de Virxinia que acusa Fields, autor do ataque de Charlottesville, escribiu un artigo de opinión no New York Times em que pedía unha lei para combater o terrorismo doméstico. En 2017, Thomas F. O’Connor, axente antiterrorista en Washington D.C., tamén presidente da Asociación de Axentes do FBI, o sindicato que representa os máis de trece mil axentes do departamento, fixo unha demanda similar en The Hill. Como non hai penas ligadas á definición legal de terrorismo nacional, O’Connor razoaba que o “‘terrorismo doméstico’ non é por si mesmo un delito sob a lexislación federal”.

“A resposta é que non é necesaria unha nova lei para facer fronte ao flaxelo da violencia supremacista branca. O governo xa dispón das ferramentas necesarias para enfrentar esta ameaza”

Mais os argumentos de Cullen e O’Connor son fracos. Tampouco existe o delito de “terrorismo internacional” e aínda así centos de persoas con supostos vínculos con grupos estranxeiros foron acusadas en aplicacións de leis antiterroristas. Alén do apoio material – que a Patriotic Act expandiu e para o cal aumentou o castigo máximo de dez a quince anos ou mesmo condena perpetua se o delito resultar en morte-, as normas disponibeis para perseguir terroristas nacionais e internacionais van desde unha lei que prohibe o emprego de “armas de destrución masiva” -incluíndo neste concepto desde unha arma nuclear até unha bomba de pota de presión ou unha bomba de cano – a outra que define como terrorismo os atentados en medios públicos de transporte.

Cando os fiscais acusan os procesados de delitos relacionados co terrorismo, poden mesmo pedir o chamado ‘axuste terrorista’ no momento de a sentenza ser emitida. Isto tradúcese en penas de prisión máis prolongadas se o xuíz concorda con que o crime se axusta á definición de terrorismo doméstico. Mais os fiscais só pediron este endurecemento da pena para extremistas de dereita nun puñado de casos, segundo a análise de The Intercept. Un foi o caso de Wayde Lyn Kurt, un supremacista branco do estado de Washington que foi condenado por un xurado en 2011 por pose de armas de fogo. Gravacións feitas por el mesmo mostraban que estaba planexando un atentado terrorista chamado a “solución final”, que incluía unha trama para matar o daquela presidente Barack Obama.

É importante subliñar que cando se está diante dunha proposta lexislativa relativa ao terrorismo, compre preguntarse sempre: é necesaria? Como será usada contra os grupos moi minoritarios que precisamos e queremos protexer, e que historicamente e erroneamente foron obxectivos do FBI e aínda o son en boa medida?” di Shamsi da ACLU. “A resposta é que unha nova lei non é necesaria para afrontar o flaxelo da violencia supremacista branca. O goberno xa ten os instrumentos necesarios para facer fronte a esta ameaza.”

Dende que renunciou pouco despois da toma de pose de Trump, Mary B. Cucor, antiga alta funcionaria da División de Seguridade Nacional do Departamento de Xustiza, vén facendo apelos públicos semellantes aos de Brzozowski, Cullen e O’Connor. McCord escribiu que mentres as leis estaduais e federais poden conlevar castigos importantes para os terroristas domésticos -incluíndo a cadea perpetua e a pena de morte- “a lexislación federal falla á hora de os equiparar como, sería lóxico, coas accións dos terroristas inspirados polo ISIS que empregan a violencia na procura das súas metas igualmente aborrecíbeis”.

Falta de Transparencia

O goberno dos EUA non rastrea sistematicamente actos de terrorismo doméstico ou procesamentos federais relacionados con el, o que deixa o Departamento de Xustiza con poucas ferramentas para determinar se as ameazas dos extremistas domésticos están en auxe nun momento en que os brancos supremacistas son encoraxados pola retórica nacionalista e anti-inmigrante de Trump.

O director do FBI Christopher Wray afirmou no Comité de Seguridade da Patria e Asuntos Gobernamentais do Senado que “os movementos extremistas no seu conxunto supoñen unha ameaza firme de violencia e dano económico para os Estados Unidos.” Un ano antes, diante do Comité de Intelixencia do Senado, Wray describira a ameaza do terrorismo doméstico como “moi, moi, moi seria” e “algo en que temos que empregar moito do noso tempo e a nosa atención”. No seu depoimento no Congreso declinou concretar cantos axentes están traballando no asunto mais mencionou que en 2017 houbera “arredor de mil investigacións de terrorismo doméstico, abertas agora mesmo”. O FBI tamén declinou contestar peticións de información de The Intercept sobre o número de axentes asignados neses casos afirmando: que “Se ben non podemos ser explícitos sobre este aspecto, a prioridade maior do FBI continúa a ser protexer os Estados Unidos de atentados terroristas -tanto nacionais como internacionais”.

Aínda así, no ano fiscal 2009, o último dos anos fiscais públicos, só 335 dos máis de trece mil axentes do departamento foran destinados a investigar o terrorismo nacional. Pola contra, a combater o terrorismo internacional, a prioridade número un do FBI, foran destinados millares de axentes.

This frame grab from video provided by WPLG-TV shows FBI agents escorting Cesar Sayoc, in sleeveless shirt, in Miramar, Fla., on Friday, Oct. 26, 2018. Sayoc is an amateur body builder and former male stripper, a loner with a long arrest record who showed little interest in politics until Donald Trump came along. On Friday, he was identified by authorities as the Florida man who put pipe bombs in small manila envelopes, affixed six stamps and sent them to some of Donald Trump's most prominent critics. (WPLG-TV via AP)Axentes do FBI escoltando Cesar Savoc en Miramar, Florida. 26 de outubro de 2018 (do vídeo fornecido por WPLG-TV via AP).

Falsos Positivos

Quen para uns é un lunático para o fiscal xeral pode ser un terrorista doméstico. A xestión dos asuntos internos do Departamento de Xustiza revela o subxectiva e, ás veces, ridícula, que pode chegar a ser á hora de definir actos de terrorismo.

En todo o territorio nacional, os fiscais federais usan un sistema chamado Legal Information Office Network System, ou LIONS, que almacena datos sobre os casos. Estes datos son dados a coñecer publicamente no agregado. Ora, como parte da revisión que leva a cabo sobre o traballo dos fiscais federais, The Intercept, empregando outra base de datos -a dos administradores de tribunais federais- desvelou 752 casos que os fiscais calificaran como suposto terrorismo doméstico, o que equivale a aproximadamente a metade dos casos así codificados en LIONS.

Os datos suxiren que, en tanto o Departamento de Xustiza aplica unha definición moi estreita do terrorismo doméstico publicamente e á hora de presentar cargos penais, os fiscais empregan internamente unha perspectiva expansiva e ás veces comicamente inconsistente , clasificando centos de casos como terrorismo doméstico aínda que os feitos non apoien esa clasificación.

Deses casos, só quince parecían concordar coa definición legal de terrorismo doméstico, que require que a violencia sexa motivada por unha ideoloxía non estranxeira. Un puñado de casos implicaban actos violentos que poderían encaixar na definición de terrorismo doméstico, mais nada había que suxerise unha motivación ideolóxica. Outros eran relativos ao terrorismo internacional, abranguendo procesados acusados de apoiaren Hamas, o grupo guerrilleiro colombiano FARC, o ISIS ou outros.

Mais a vasta maioría, — máis de 700 casos —, eran referidos a incidentes que non parecen encaixar na definición legal de terrorismo en absoluto, tal como o home de Connecticut que fixo chamadas ameazadoras e enviou unha carta no mesmo ton á emisora de deportes ESPN por unha queixa persoal. Os fiscais clasificaron o caso dun home de Alabama que disparou cun rifle contra unha instalación enerxética como terrorismo doméstico, malia non haber ningunha proba de que se tratase dun acto motivado ideoloxicamente. Outro caso tamén clasificado como terrorismo doméstico foi o dun home do oeste de Virxinia que lanzou un artefacto incendiario (un cóctel Molotov) contra unha caravana por 400 dólares e un pouco de Oxycontin.

A Ameaza Crecente

Segundo o depoimento de Wray de 2018 perante o Senado, o FBI rexistrou 176 arrestos por terrorismo doméstico entre setembro de 2016 e setembro de 2017. Un número significativamente máis alto do que o que aparece nos mídia e nos anuncios do Departamento de Xustiza e da policía local. Cando The Intercept pediu, ao abrigo da Lei de Liberdade de Información, algúns documentos ou comunicacións que respaldasen a cifra dada por Wray, o FBI respondeu que non achaba rexistros que apoiasen a afirmación do director. Posteriomente, neste mesmo mes, fontes da policía proporcionaron ao Washington Post cifras “aproximadas” que mostraban que en 2017 e 2018 o FBI levara a cabo máis investigacións de terroristas domésticos que internacionais. Unha afirmación que apuntaba a unha inversión de prioridades no FBI, mais que non podía ser contrastada xa que a fonte material da información non foi facilitada o Washington Post.

A partir da información de que se dispón publicamente e dos números agregados que pubicou o Post é imposíbel saber até que ponto o FBI e outras axencias de cumprimento da lei foron efectivas à hora de evitar que os extremistas de direita transformasen o seu odio en violencia. Mais fica claro que un número significativo de extremistas violentos están situándose no punto de mira do FBI.

Entre os terroristas domésticos que o FBI non alcanzou recentemente está o DJ dun clube de striptease de 56 anos que levaba un chapeu co slogan “Make America Great Again” e nunha ocasión subira un vídeo selfie dende un mítin de Trump en Florida. Trátase de Cesar Sayoc, un prolífico usuario de Twitter que posteaba teorías da conspiración de ultradereita e enviaba mensaxes ameazantes aos opoñentes de Trump, incluído o anterior vicepresidente Joe Biden, coa foto dun caimán que lle comera unha man.

MELBOURNE, FL - FEBRUARY 18: In this file picture from 2017, Cesar Sayoc (far right in red hat) is seen as President Donald Trump speaks during a campaign rally at the AeroMod International hangar at Orlando Melbourne International Airport on February 18, 2017 in Melbourne, Florida. Mr. Sayoc was arrested on allegations that he was the person who mailed pipe bomb devices that targeted critics of President Donald Trump and have been recovered in New York, Washington D.C., California and South Florida, all with the return address of Debbie Wassermann-Schultz's office. (Photo by Joe Raedle/Getty Images)Cesar Sayoc, nunha manifestación en favor do Presidente Donald Trump no Aeroporto Internacional Orlando de Melbourne Florida., 18 de Febreiro de 2017. Fotografía: Joe Raedle/Getty Images; Ilustración: The Intercept

Sayoc pasou inadvertido para o FBI até agosto de 2018, cando máis dunha decena de bombas tubo comezaron a chegar a casas e oficinas de líderes do Partido Demócrata e detractores de Trump. Dúas destas bombas, unha dirixida ao antigo director da CIA John Brennan e a outra ao antigo director de Intelixencia Nacional James Clapper, foron enviadas á CNN. Ningunha detonou, malia que todas contiñan material explosivo e nalgúns casos anacos de cristal para maximizar as lesións. Finalmente, detectouse que unha impresión dixital localizada nun sobre coincidía coa de Sayoc, tomada durante un arresto previo en Florida, onde, ao longo das dúas décadas anteriores, fora acusado de roubo e ameazas de bombardear a compañía de enerxía local nun atentado que, segundo el, sería “pior do que o 11 de setembro”

Sayoc foi inicialmente acusado no Tribunal de Distrito dos EUA como autor do envío de correos explosivos e ameazas, así como de atentado contra funcionarios federais. Non foi acusado de terrorismo, malia que os seus supostos delitos semellaban entrar na definición legal de terrorismo doméstico. No entanto, Sessions, na altura fiscal xeral, referiuse a Sayoc como “un partisano” que cometera “violencia política”.

Mais pouco despois de os fiscais formularen a acusación, a medio dunha cobertura mediática sen precedentes e un intenso debate público sobre o flaxelo do terrorismo nacional de direita, a linguaxe do Departamento de Xustiza comezou a mudar. Nun escrito de apoio á extradición de Sayoc de Florida a Nova Iorque, onde afronta cargos penais, os fiscais federais describiron os seus delitos como “un atentado terrorista doméstico dirixido a un mínimo de quince vítimas” concibido como parte dunha “campaña de terror”.

O 9 de novembro do 2018, dúas semanas despois do arresto e tres días despois dunha elección que deu aos Demócratas a maioría na Cámara de Representantes, algúns deles obxectivos de Sayoc, a fiscalía federal de Nova Iorque presentou un novo escrito de acusación que contiña trinta cargos contra el, incluíndo cinco relativos ao uso de armas de destrución masiva -un cargo aplicado contra 79 terroristas internacionais dende o 11 de setembro e só a 23 extremistas de direita durante o mesmo período de tempo.

Sayoc declarouse culpábel de 65 cargos, incluíndo 35 acusacións formuladas recentemente. Afronta a posibilidade de pasar a vida na cadea -unha sentenza severa que envíe a mensaxe de que a sociedade toma moi a serio o tipo de delitos que cometeu. O inusual é que esta norma se aplica a alguén que non pode ser presentado como axente dun grupo terrorista internacional.

Até o momento, ese non é o caso de Hasson, un tenente da Garda Costeira residente en Maryland que ocultaba nun esconderixo armas e esteroides xunto cunha lista con xornalistas e Demócratas prominentes que serían, moi probabelmente, os seus obxectivos. Un branco nacionalista segundo a súa propia definición, Hasson estaría preparando un atentado que esperaba prendería o pavío dunha guerra racial.

O procesado é un terrorista doméstico, determinado a cometer actos perigosos para a vida humana que pretendían influír nas políticas do governo”, afirman os fiscais federais nun documento xudicial do pasado mes.

Malia que eses fiscais anunciaron despois do arresto de Hasson estar considerando acrecentar á acusación cargos de terrorismo, finalmente non o fixeron. Hasson afronta apenas cargos de infraccións relativas a pose de armas de fogo e drogas.

El, como moitos outros extremistas de direita nos Estados Unidos, parece que pode ser calificado de terrorista mais non procesado como tal.

Tradución para EsCULcA: Jaime Miguélez