Desta feita, o Tribunal de Contas tivo que calcular a súa contía “de maneira orientativa” utilizando o importe das rendas declaradas por estas entidades -están obrigadas a facelo, aínda que despois non tributen por elas-. O relatorio advirte que a estimación pode ser inferior á real, mais cifra a diminución de arrrecadación para 2015 nun total de 128,41 millóns de euros, dos que 123,63 millóns corresponden á exención de rendas e 4,78 millóns á aplicación do tipo reducido do 10%. Fundacións e asociacións benefícianse de 80,11 millóns de euros en descontos fiscais e as entidades relixiosas, 46,44 millóns.

Segundo o relatorio do tribunal, en 2015 acolléronse a este réxime fiscal especial 14.372 contribuíntes, dos que 11.799 son fundacións e asociacións e 1.396, entidades relixiosas. Mais, debido á inexistencia de controis, o órgao fiscalizador conta 803 entidades que se aplicaron o réxime fiscal especial e as súas exencións apesar de non se teren constituído coa forma xurídica esixida legalmente.

Ler mais en InfoLibre.