O pasado 13 de outubro, cando se completarom seis meses da súa detención, a cooperante española Juana Ruiz Sánchez compareceu novamente perante os tribunais militares israelitas para asistir a dúas vistas públicas. A primeira centrada no seu xulgamento, que foi novamente adiado, agora até o próximo 10 de novembro, como é costume nos tribunais militares israelitas para demorar indefinidamente o período de prisión. Unha práctica contraria ao dereito internacional e considerada unha forma de tortura.

 

La trabajadora humanitaria Juana Ruiz será imputada en Israel - Deia

 

A segunda estaba relacionada coa posibilidade de Juana Ruiz Sánchez poder agardar o xulgamento en prisión domiciliaria. O Tribunal militar anunciará na próxima semana a súa decisión.

Ás audiencias públicas asistiron o marido e a filla da cooperante.