.
.

O xulgado de instrución núm. 3 de Girona arquivou o caso contra 48 persoas investigadas polo corte da AP-7 en Salt (Girona) en novembro de 2019. O auto conclúe que “non existen indicios sólidos que permitan pensar, cun mínimo de seriedade, que prosperará unha acusación” contra as encausadas porque non se conseguiu acreditar que “tivesen cometido lanzamento de obxectos contundentes ou queimado caixotes”.

A causa por desordes públicas investigaba inicialmente 52 persoas e, portanto, poderían acabar indo a xulgamento catro delas cuxa investigación ainda non foi arquivada. A resolución non é firme e pode ser recorrida.

VilaWeb