A asociación de traballadores penitenciarios Tu Abandono Me Puede Matar (TAMPM) ven dando noticia desde 2019 dunha serie de datos que a Administracion Penitenciaria , de forma teimuda e contraria á transparencia , viña ocultando até á publicación dos relatorios anuais : o número de mortes en prisión . A motivación para realizar tal exercicio de transparencia nunca ficou clara ; mais a aplicación do antigo principio que sinalaba que a igualdade de condicións, a explicación mais sinxela adoita ser a mais probábel , levaba a presumir que , fronte ao obscurantismo da Institución carceraria , TAMPM optaba pola transparencia nun asunto tan doloroso para as familias e que supón unha das eivas do Estado de Dereito : a cadea como causa de morte.

 

Una agrupación de electores que pide equiparación salarial en ...

 

Moitos e moitas non acabábamos de confiar na pertinencia de aplicar a navalla de Ockham a esta análise . Mais hai que recoñecer que a nosa desconfianza podería facilmente ser descualificada por antigos pre-conceitos sobre o funcionariado penitenciario ou polas propias traxectorias vitais das persoas que mostraban un maior cepticismo . E nesas estábamos cando arribou o Covid-19 a nosa sociedade, incluindo nela -loxicamente- as prisións.

A alarma logo se disparou en organismos internacionais (OMS, CPT, etc.) e colectivos de defensa dos dereitos fundamentais, por canto a vulnerabilidade da poboación penitenciaria fronte a infección e as súas mais graves consecuencias é obviamente enorme

Tamén soou a alarma en TAMPM, que publicou unha dura nota de prensa en que denunciaba as escasas medios de prevención que existen nos penais españóis para evitar a propagación do vírus, o que tornaría en extremo difícil evitar o contaxio masivo entre o persoal e a poboación carceraria caso se producir algún caso positivo de Covid-19.

Ora, esta denuncia pertinente e esta elementar preocupación pola propia saúde e a das persoas sob a súa custodia traían anexa unha reclamación perturbadora que suscita unha sospeita que non parece infundada.

Polo menos durante a crise provocada polo COVID 19, reivindica a TAMPM através das redes sociais, aos funcionarios de prisións debería ser atribuída explicitamente a condición de AXENTE DE AUTORIDADE (como aos axentes policiais) para enfrentar o previsível aumento da conflitividade nos cárceres.

A pretensión corporativa do colectivo non é de hoxe mais si o é o feito de se traer agora á tona oportunistamente nun contexto de grave crise sanitaria. Trátase dunha pretensión absolutamente desnecesaria dado que tamén os funcionarios (condición que xa lles é recoñecida) teñen sobreprotección penal ao seren suxeitos pasivos do delito de atentado e resistencia. Por qué insisten pois nunha reinvidicación de pendor interesado que degrada o exercicio de transparencia que parecía querer levar a cabo a TAMPM reducíndoo a unha utilización insensíbel do sufrimento da poboacion presa e das súas familias? Por unha cuestión de simples vaidade? Ou é que hai algo máis?

Terá fundamento a sospeita de que o feito de facer público puntualmente o número de persoas que morren nos cárceres españois non ten afinal outro propósito que servir como munición na súa guerra corporativa contra o empregador?

O maldito COVID 19 ainda vai descobrirnos que non sempre a explicación mais sinxela é a mais probábel . Non, polo menos , cando topamos co corporativismo funcionarial penitenciario.

Fernando Blanco Arce