Ibrahim Gökçek, baixista da banda musical Grup Yorum, encabezou unha greve de fame durante 323 días en protesto pola represión do goberno contra o seu grupo. Co protesto, o músico, de 39 anos, esixía o levantamento da prohibición de concertos de Grup Yorum, o fin das batidas policiais contra o centro cultural Idil, a liberación de todos os membros da banda encarcerados e o cesamento dos xuízos.

 

 

O músico terminou o seu xexún de morte no día 323, o pasado 5 de maio, despois de os funcionarios turcos acordaren manter unha conversa coa banda para autorizar os seus concertos.

Unha vez concluída a greve de fame, Gökçek foi levado á unidade de coidados intensivos do Hospital Reyap, de Istambul, no distrito de Esenyurt.

Durante esta xornada, unha declaración feita na conta de Twitter da banda de música dicía: “Acabamos de coñecer o martirio de Ibrahim Gökçek no hospital a que foi levado. Expresamos as nosas condolencias a toda a nosa xente e a toda a humanidade cuxo corazón latexa connosco!”.

 

ç

Unha declaración publicada pola banda sobre a situación de saúde de Gökçek anunciara no día anterior: “Non resta sangue no corpo. Onte recibiu unha transfusión de sangue de tres litros, que continuará hoxe tamén. Actualmente recibe alimentación vascular, despois de 24 horas vai recibila no estómago. Permanecerá en coidados intensivos durante un mes”.

Segundo os relatorios médicos, Gökçek estaba conectado a un respirador por a súa condición terse agravado durante a noite. O corazón do músico detívose ao redor da 1 da tarde de hoxe (5 de maio, hora local de Turquía).

A música Helin Bölek, outra integrante da banda de música de esquerda, faleceuo 3 de abril, no día 288 da súa greve de fame. Bölek e Ibrahim Gökçek foran arrestados hai aproximadamente un ano durante unha batida policial ne casa no Centro Cultural Idil, en Istambul, acusados de pertenceren á frente/Partido Revolucionario de Liberación Popular (DHKP-C). Despois de iniciaren a greve de fame, Bölek foi liberada en novembro de 2019 e Gökçek o 24 de febreiro de 2020. Ambos os músicos continuaron co seu protesto para esixir o fin das represalias contra a popular formación musical de esquerda.

 

 

Por súa vez, o músico Mustafa Koçak, tamém membro do banda Grupo Yorum, morreu o 24 de abril pasado, cando levaba xa 297 días en greve de fame, sen ver recoñecido o seu dereito a un xuízo xusto.