A definición de golpe de estado inclúe diversas variantes posibeis. Un delas, un modelo, o que en ciencia política se chama soft coup. Prodúcese un ‘golpe suave’ cando un grupo de servidores do estado consegue subvertir o control político e desencadea unha operación para a cal non está autorizado. Mais faino sen decapitar o poder de iure. Que dicir, o presidente, o goberno, o parlamento. Os golpistas simplesmente desprézannos porque coas atribucións que lles dá a lei, e pasando unicamente por alto a prohibición explícita de facer política, poden controlar e manipular a situación do país para atinxir os seus obxectivos. Basicamente é isto o que o avogado Ben Emerson explicou reiteradamente que acontece no noso país, e o que asegura que teríamos que utilizar como causa xusta para a nosa liberación.

Unha vez repasado isto, observade, porque non é en absoluto anedótico, que son todos estes -o rei, as forzas armadas, a policía e os xuíces- os que dirixen o ataque contra as institucións catalás. Dunha maneira cada vez máis visíbelmente coordenada e superando e ultrapasando o poder electo. É verdade que Rajoy incitou e permitiu -en boa medida, creo, porque tiña un goberno de altos funcionarios, de xente do deep state. Mais o caso é que Sánchez non o desmonta. Nin un xesto. Nin unha única mudanza. Quieto. En España parece claro que o deep state manda e o poder executivo obedece. E como proba, se fixer falta unha, aí están as gravísimas mensaxes que se soubo trocaban xuíces e que demostran até que punto a xustiza é de parte. Como é de parte a policía. Como o exército. Como a coroa. Non é de todos, senón dunha parte. E pior ainda: non dunha parte, senón contra unha parte. E que mellor demostración poderiamos ter de que o que pasa vai alén dos límites que unha democracia pode admitir?

Per: Vicent Partal

VilaWeb