Era unha vez un grande home, un pouco estraño para algúns, mais co desexo de dar a coñecer a verdade sobre o mundo en que vive. Chámase Julian Assange e naceu o 3 de xullo de 1971 na Australia. É un cibermilitante, un home brillante que descobre que a fenda é demasiado grande entre a realidade do mundo político e a información coñecida polos cidadáns. Propón, portanto, crear un sitio onde todos poidan, con total protección virtual, enviar información confidencial. Así, nace o Wikileaks. Assange e catro persoas máis son as encarregadas de levar adiante o sitio.

 

 

En 2010, o WikiLeaks publica documentos sobre a guerra do Iraque, incluído un vídeo, que virou viral no ámbito internacional; Asasinato colateral. Este último mostra o ataque aéreo do 12 de xullo de 2007 en Bagdad. Este é un flashback da guerra dos Estados Unidos durante o cal un helicóptero estadunidense Apache abriu fogo contra un grupo de civís, incluídos dous reporteiros da Reuters. Polo menos 18 persoas morreron durante esta batida. Civís Inocentes. Este vídeo foi escandaloso. O presidente Obama tivo que falar con urxencia. Julian Assange converteuse, nese día, no obxectivo, o inimigo público número 1 dos Estados Unidos. As autoridades estadunidenses comezaron a investigar o portal WikiLeaks e Assange sob a Lei de Espionaxe que data de 1917. Alén diso, varias axencias gobernamentais, incluído a FBI, lanzaron as súas investigacións contra Assange.

 

O Wikileaks tamén denunciou, paralelamente, os circuítos de corrupción de ditadores africanos ou algunhas compañías offshore rusas .

 

En 2010, Assange viaxa á Suecia, onde un fiscal abre unha investigación preliminar após o testemuño de dúas mulleres suecas, unha das cales quería obrigalo a probar a SIDA (o que fixo) despois de ter relacións sexuais con el, a outra negouse a asinar a declaración presentada pola policía. Despois de clasificalo, a Suecia reabriu a investigación preliminar en maio de 2019.

En 2012, Julian Assange, encurralado por todos lados, busca asilo na Embaixada de Ecuador en Londres. Permanecerá alí, encerrado, de 2012 a abril de 2019. Coa mudanza de presidente no Ecuador, a principios de 2019, Assange é arrestado na embaixada polas forzas de seguranza británicas. Desde entón está engaiolado na Inglaterra. Os Estados Unidos solicitan extradición por “pirataría”. No momento de escribir esta nota, Julian Assange está a morrer. Perdeu case 9 quilos desde o comezo do seu confinamento. Apenas achando palabras para describir a inusitada barbarie á que é sometido, e marcado por un envellecemento prematuro, como efecto colateral.

Que acontece co dereito internacional e a soberanía?
Sen entrarmos nos misterios da lei británica, o caso Assange expón unha cuestión fundamental do dereito internacional. Assange é cidadán australiano, non cidadán estadunidense. Non cometeu ningún delito naquel país. Filtrou información confidencial mais transmitiuna a outros (Chelsea Manning foi o seu confidente) e sob ningún punto de vista roubou. Dun punto de vista xornalístico, máis precisamente do punto de vista do xornalismo de investigación (rama case en extinción), todos os xornalistas facemos isto, con información xeralmente menos importante, mais o principio é o mesmo. Senón, o caso Watergate non tería acontecido. Na propia prensa yankee, fálase constantemente de información proveniente de “fontes oficiais non identificadas”.

Se Assange vai ser extraditado ao “país das liberdades” e encarcerado polo resto da súa vida, significa que, en principio, todos os países que espían os yankees deberían entregarlles os seus espías, así como todos os xornalistas que publican información ao seu respecto. Información obtida por “medios ilegais”. Mais cando esta mesma situación se produce en sentido inverso, quer dicir, desde as Axencias de Intelixencias yankees, desde a propia Defensa americana, que tribunais internacionais actúan para extraditar?

Aínda que os Estados Unidos non son defensores da soberanía nacional doutros países alén do seu, aquí alcanzamos unha etapa extraordinaria e a falta de reacción dos gobernos aliados dos Estados Unidos, principalmente británicos e australianos, ilustra o grao extremo de submisión

Un home (case) só
A xente defende Julian Assange, como o director estadounidense Oliver Stone, quen dixo:

“Julian Assange é un editor da verdade. Fixo un traballo notábel en nome da humanidade apesar do seu trato inhumano. Este caso é crucial para a sobrevivencia dos nosos dereitos a ser informados e da nosa liberdade esencial para loitar contra a opresión dos Estados Unidos e o Reino Unido, e agora contra a tiranía!”.

Mais moi poucas figuras públicas defenden este home. Citemos, contodo, tres que desenvolven interesantes reflexións sobre o “caso Assange”: John Pilger, xornalista australiano; Craig Murray, ex diplomático británico e Roger Waters, músico e fundador da banda Pink Floyd.

Solicitude de liberación inmediata
Cidadáns do mundo, apoio a Julian Assange, esiximos a súa liberación inmediata e o seu regreso á súa familia en Australia. Este home sofredor non cometeu ningún crime, excepto denunciar os dos outros!

Manifestación en Bruxelas todas as segundas-feiras
Un pequeno comité de apoio a Julian Assange reúnese na Place da Monnaie en Bruxelas, todos as segundas-feiras, de 17h a 19h para mostrar a súa indignación. Se ti tamén, estás indignado pola lenta morte de Julian Assange; podes solicitar unha cita aquí.

Aurore Van Op

Redcom