Conforme indicou El Confidencial, o clan de Tánxer e o clan do Sur traficaban con haxix e cocaína e controlaban o tráfico de drogas polos portos de Tánxer e Alxeciras coa axuda de membros das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado, que lles permitían e garantían que a mercadoría cruzase a fronteira para distribuíla en Andalucía como primeira parada.

 

 

Hai cinco axentes da Garda Civil detidos que «traballaban» no porto de Alxeciras , un Policía Nacional, un vixiante de alfándega e un ex-policía local. En total a investigación que se desenvolveu durante máis dun ano acabou con 61 detidos en España, Francia e Marrocos.

Tamén foron levadas a cabo 34 inspeccións en diferentes puntos do país como Málaga, Selecta, Palma de Mallorca, Barcelona e Ceuta, e foron achadas unha decena de armas de fogo, xoias e uns trinta vehículos que utilizaban as dúas organizacións para moveren a droga.

Foron confiscados máis de 80.000 quilos de resina de haxix e case dez toneladas de base de cocaína. A estimación de valor destes confiscos anda por volta do medio millón de euros.

Insurgente