Jordi Turull entrevista

O TC recusou o recurso de amparo presentado por Jordi Turull contra a sentenza do Tribunal Supremo, segundo avanzou TV3 e pudo confirmar VilaWeb. Houbo división entre os nove maxistrados que analisaban o recurso, e dous deles, Juan Antonio Xiol Ríos e María Luísa Balaguer, emitiron un voto particular. Turull foi condenado polo Tribunal Supremo a doce anos de cárcere por un elito de sedición e malversación.

Até agora, o alto tribunal español non se pronunciara sobre os delitos de sedición e malversación. Con este pronunciamento, ábrese formalmente o camiño a Europa que as defensas dos presos hai tempo agardaban e a defensa de Turull xa pode recorrer ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos.

O TC si que se pronunciara sobre os casos de Meritxell Borràs e Carles Mundó, que foron condenados sen pena de cárcere por un delito de menor grao, o de desobediencia. No seu caso, a resolución foi tomada por unanimidade.

A sentenza considera que o delito de sedición está ben fundamentado na condena asinada polo Tribunal Supremo. Unha opinión que contrasta coa exposta polo ministro de Xustiza español, Juan Carlos Carmpo, que hai pouco xustificou a necesidade de reformar o código penal porque o delito de sedición é unha figura más propia “do século XIX, cando se pensaba en ataques con tanques na rúa”. Estes pronunciamentos serán utilizados polas defensas dos presos cando recorran a Estrasburgo.

Igualmente, utilizarán a división que houbo na sentenza do TC. Juan Antonio Xiol Ríos e María Luísa Balaguer romperon a unanimidade e emitiron un voto particular. A sentenza xa nacía coxa poruqe o ponente foi José González-Trevijano, en substitución de Cándido Conde-Pumpido, que tivo de se afastar da deliberación despois da impugnación formulada por Carles Puigdemont e Toni Comín. Ficou demostrado que nunhas declaracións nun acto no congreso español dixera que os presos e os exilados situávanse “á marxe do dereito” porque axitaban “a bandeira pretensamente democrática para suberter a constitución”. E antes deste capítulo, tamén tivera de se afastar o maxistrado Antonio Narváez polo seu anti-independentismo manifesto.

Redacció VilaWeb

Sobre a situación do Tribunal Constitucional español ver a interesante análise de Josep Casulleras Nualart: E se o independentismo catalán fai perder o quorum ao Tribunal Constitucional?