O centro de titularidade pública foi un dos máis afectados pola intervención da Policía Nacional española, que causou danos en parte das instalación e deixou ao seu paso decenas de persoas contusionadas e o ferido máis grave daquela xornada, Roger Español, que apesar de ter perdido a visión dun ollo polo impacto dunha bola de goma disparada por un axente, tamén está investigado a petición da fiscalía.

 

19 

 

Crece a cifra de axentes anti-disturbios do Corpo Nacional de Policia (CNP) investigados pola súa actuación contra o referendo de autodeterminación do pasado 1 de outubro na cidade de Barcelona. Poucos días antes de facer un ano desde a votación prohibida en que participaron más de dous millóns de persoas, o maxistrado titular do Xulgado de Instrución 7 de Barcelona imputa 13 dos axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) que irromperon na escola Ramon Llull do bairro do Eixample. A información avanzouna o xornal dixital Vox Populi e confirmáronna á Directa fontes do Concello de Barcelona.

Este centro público foi un dos primeiros da capital catalá que recibiron a visita da Policía Nacional española e foi ali onde os axentes deixaron o ferido máis grave de toda a xornada. Roger Español perdeu a visión dun ollo polo ’impacto dunha bola de goma, disparada por un axente de quen o xuiz afirma que ‘non pode verse nas imaxes o número identificativo do axente que efectúa o tiro’. Segundo o relatorio policial aportado na causa, os escopetas dispararon un total de 17 balas -prohibidas polo Parlamento de Catalunya ao corpo dos Mossos d’Esquadra-, todas elas a partir do momento en que o dispositivo se retirava da zona e os manifestantes mantiñan unha distancia e actitude que non supuña ameaza algunha para a integridade física dos seus membros.

 

Cargas do CNP con uso de bolas de goma nos arredores da escola Ramon Llull de Barcelona no 1-O / Victor Serri

No entanto, o maxistrado decidiu aceptar a petición do ministerio fiscal e imputar Español por supostamente ter lanzado unha tranca metálica aos policías antes de ser abatido. No seu escrito salienta que as imaxes mostran como o xoven ‘acomete en máis dunha ocasión contra os axentes’, que posteriormente presentaron informes médicos en que se describen as lesións leves que terían sofrido cinco dos seus efectivos ao longo da mañá. Antes de redactar o auto, o xuiz visionou e analizaou as imaxes aportadas polo CNP e máis de nove horas de gravación audiovisual e 390 fotografías aportadas polas avogadas encarregadas da acusación popular e particular, o Concello de Barcelona e o Centro pola defensa dos dereitos humanos Irídia, respectivamente.

En total, 31 votantes desta escola presentaron denuncias e dous máis querelas polas lesións que lles provocou a acción policial, embora o número de persoas que foron vítimas de contusións e secuelas psicolóxicas foi moito máis elevado, pola virulencia dos axentes contra a resistencias pacífica do millar de persoas que se congregaran no centro durante as máis de dúas horas que lle levou á policía apropiarse de urnas e papeletas. Para conseguilo, as porras tiveron de mallar e danar parte das instalacións do edificio de estilo noucentista, patrimonio arquitectónico construiído nos anos 30 do século pasado. É por iso que o director da escola tamén comparece na causa como denunciante e reclama unha indemnización polos danos materias causados, que unha peritaxe valorou nun total de 4.344 euros.

 

O dispositivo policial destrozou parte das instalación da escola para poder acceder ao comedor, sala en que estaban ubicadas as urnas e papeletas do referendo / Victor Serri

 

até agora, 22 axentes dos 1.034 policías do CNP que actuaron aquel día na cidade terán que dar explicación diante dos xulgados, antes que se decida se sentan ou non no banco dos acusados. Xunto cos 13 da escola Ramon Llull, terán de compaarecer na Cidade da Xustiza o ‘inspector da unidade 3 da UIP pola súa irrupción na Escola Fedac Horta, un subinspector coñecido co alcume de Lobo e tres axentes máis pola súa actuación na Escola Mediterrània e o instituto Pau Claris, e dous comandantes ei dous axentes rasos máis polas cargas na  Escola Àgora (Nou Barris), a Escola Infant Jesús (Sant Gervasi) e as Escoles Pies de Sant Antoni.

Redacció Directa | @La_Directa