Alerta Solidaria anunciou que os Mossos d’Esquadra iniciaron unha investigación paralela á de Marcel Vivet que acusa a outro mozo, Adrià, dos mesmos feitos. Segundo explicou o avogado de Alerta Xavier Monge, constataron que os dous casos -o de Adrià aínda non chegou a xulgamento- son practicamente idénticos.

Marcel Vivet i Adrià - ACN

 

Adrià tamén é acusado de desordes públicas e atentado contra a autoridade por supostamente bater no brazo dereito do mesmo axente o mesmo día. En vista diso, denuncian un caso intencionado de “duplicidade” e práctica “corrupta” nas investigacións e peden a revogación inmediata da sentenza contra Marcel, o arquivamento e absolución de Adrià e que sexan apuradas responsabilidades no corpo policial e a Generalitat.

“Sabemos e é evidente que os Mossos d’Esquadra, a UCIP e a BRIMO coñecían a duplicidade das investigacións, pois son os mesmos axentes que as levan a cabo,” afirmou Monge.

De feito, cren que é porque coñecía esta duplicidade que a Generalitat se retirou da acusación contra Adrià pouco despois do xulgamento contra Marcel.

Casos idénticos

No caso de Marcel a Sección 21.ª da Audiencia Provincial de Barcelona fixo pública onte a sentenza en que condenaba a 5 anos e un día de prisión Marcel Vivet por un delito de desordes públicas e un de atentado contra a autoridade. Os feitos, segundo as acusacións exercidas polo Ministerio Público e a Avogacía da Generalitat, consistirían en ter batido no pulso dereito co pau dunha bandeira o axente da Brigada Móbil dos Mossos d’Esquadra con TIP 18784 durante unha manifestación de repudio á convocatoria fascista convocada por JUSAPOL no 29 de setembro de 2018 en Barcelona.

No caso de Adrià a Sección 22.ª da Audiencia Provincial de Barcelona será a encarregada de xulgalo. Adrià, un veciño do bairro do Hoyo de Barcelona a quen a Procuradoría pede 8 anos de prisión por un delito de desordes públicas e un de atentado á autoridade. Os feitos, segundo o escrito de acusación, consistirían en ter batido no pulso dereito co pau dunha bandeira o axente da Brigada Móbil dos Mossos d’Esquadra con TIP 18784 durante unha manifestación de repudio á convocatoria fascista convocada por JUSAPOL no 29 de setembro de 2018 en Barcelona.

Segundo os avogados os dous casos soño idénticos e están baseados na declaración dos mesmos axentes e as mesmas fotografías dos propios Mossos d’Esquadra, en dúas investigacións policiais separadas e levadas en paralelo polos mesmos axentes dos Mossos. “O obxectivo? Acusar e xulgar dúas persoas polos mesmos feitos, sen probas contra ningún dos dous, para conseguir unha dobre condena”, di Alerta Solidaria nun relatorio que presentou hoxe aos medios de comunicación.

As dúas investigacións policiais foron feitas baseándose nunha mesma minuta policial, a que fixo o Cabo da BRIMO con TIP 8089 o 10 de outubro de 2021 (adxunto). A partir de aquí, os mesmos axentes da UCIOP, actuando como instrutor e secretario nas dúas, emprenderon dous procedementos por separado co fin de poderen duplicar as acusacións. No cadro destas dilixencias, o Secretario con TIP 17076 e o axente 18784 fixeron un acta de recoñecemento de fotografías.

Nos dous casos acusan os xovens de desordes públicas e atentado á autoridade co agravante de obxecto perigoso por, supostamente, ter batido no axente 18787 no pulso do brazo dereito no mesmo momento. Tanto é así que… Feitos da sentenza de Marcel: “...fue aprovechado por el Sr. Vivet para golpear con el palo al agente nº 18784 en su antebrazo derecho”. Escrito da acusación contra Adrià: “golpeó con un palo de bandera en la muñeca derecha del agente de Mossos de Esquadra con TIP 18784”.

O papel da Generalitat

Tanto os Mossos d’Esquadra como a acusación da Generalitat de Catalunya coñecían perfectamente a duplicidade das investigacións. Por unha banda, os Mossos eran plenamente conscientes pois eran eles mesmos quen levaba a cabo as dúas investigacións. Pola outra, a Generalitat de Catalunya compareceu nos dous procedementos xudiciais xa desde a fase de instrución. No caso de Marcel, a acusación mantívose até o xulgamento, celebrado no 26 de febreiro de 2021, que levou á sentenza condenatoria.

En troca, no caso de Adrià, a Generalitat mantivo a acusación -mesmo opóndose aos recursos da defensa- até a Audiencia Provincial, mais finalmente renunciou a presentar o escrito de acusación. O desistimiento presentouse no xulgado o día 26 de marzo de 2021, máis dun ano e medio despois de se ditar o auto de procedemento abreviado dando un prazo (de 10 días) para formular as acusacións (que era de 4 de xullo de 2019). Co desistimiento achegábase un escrito de Beth Abad i Giralt (Sec. Xeral de Interior) de 23 de marzo dirixido a Francesc Esteve Balagué (Director do Gabinete Xurídico da Generalitat) comunicando que non sería formulada acusación.

Gemma Liñán

El Nacional