Os veciños gravaron o momento en que un axente agride o vagabundo despois de dar pontapés ás súas pertenzas.

 

 

Carmen Tomàs

Veciños do bairro Altozano de Alacant fixeron chegar un vídeo en que se observa unha agresión policial a unha persoa que vive na rúa. Nas imaxes, gravadas na mañá do pasado sábado, poden verse dous policías nacionais e como un deles dá pontapés ás pertenzas da persoa que está na rúa. É ao subir o indixente as escaleiras cando un dos axentes lle dá unha forte labazada.

A agresión física é seguida por insultos (“imbécil”) e no vídeo escoitáse claramente un dos axentes dirixirse aos veciños que nese momento observaban desde os balcóns: “gravade todo o que queirades”. O incidente ocorreu nunha zona peonil pasada a rúa Alférez Díaz Sanchís.

Os veciños do bairro que gravaron o vídeo, e preferen gardar o anonimato, denuncian o trato dos axentes a esta persoa que, segundo declaran, parece unha doenza mental e “non debería estar na rúa nin ser tratada así”. Tamén destacan que este tipo de comportamento por parte dos axentes non serve máis que para “empeorar” a situación na veciñanza. Segundo a persoa que compartiu o vídeo, os feitos ocorreron o pasado sábado sobre as 11.30 da mañá.

A Xefatura da Comisaría di que investigará a intervención

A Xefatura da Comisaría Provincial de Alacant informou que tivo coñecemento do vídeo através da súa difusión en redes sociais e procederá á abertura dunha” información Reservada para investigar se os feitos revisten reproche disciplinar ou penal”.

A presenza policial, engaden, “foi a requirimento dunha veciña que comunicou que a persoa identificada defecara no portal da súa vivenda, motivo polo cal se interveu e realizou parte de intervención”.

Repercusión no Senado

O senador designado polas Cortes valencianas, Carles Mulet García rexistrou hoxe na Cámara Alta unha pregunta escrita a razón desta mesma noticia: “Vai investigar o Goberno estes feitos e depurar as responsabilidades que puideren existir?”.

Tamén se fixo eco da noticia Natxo Bellido, portavoz municipal de Compromís no Concello de Alacant: “É intolerábel este comportamento por parte dun membro das Forzas e Corpos de Seguranza do Estado”.

Os feitos foron divulgados nas redes sociais, onde o portavoz de Unides Podem en Alacant, Xavier López asegurou que serán apuradas responsabilidades”. Tamén afirmou nun tweet: “Estou convencido que os axentes dos CFSE poden utilizar ferramentas mellores á hora de tratar con colectivos vulnerabeis que non pasan pola agresión física, nin contra as pertenzas”

A responsábel da área de Mocidade de Podem en Elda, Cecilio Esteve, tamén denunciou as imaxes na súa conta de Twitter e pide á Policía que se encontre o responsábel e sexa expulsado”.

Grupo Anti-militarista Tortuga