[Img #14842]

 

Cando informaba sobre os ataques con drones producidos no Paquistán e no Iemen, o xornalista Pratap Chatterjee comezou a facer pesquisas sobre a maneira en que os sistemas de vixilancia electrónica desenvolvidos por Occidente poderian “enganarse” na hora de atinxiren os seus obxectivos. Con esta idea en mente, e xunto co debuxante Khalil Bendib, Pratap propúxose investigar esa conexión e mergullar nos meandros tanto das corporacións que venden os programas informáticos de espionaxe como das axencias militares e de intelixencia que os compran.

Verax, editado na tradución para español por Salamandra Graphic, é o resultado da sua exhaustiva investigación. Trátase dun cómic espectacular que, embora poda ser cuestionado polas súas abordaxes e posicionamentos políticos, por veces demasiado simplistas, presenta unha historia interesante, ben narrada, con grande forza plástica, que leva a reflectir sobre o que podería acontecer se determinados sistemas de defensa caesen nas mans de organizacións terroristas ou de bandas internacionais de delincuentes.

Pratap Chatterjee é autor de Halliburton’s Army e Iraq, Inc. Director executivo de Corpwatch, colaborou en publicacións como The New Republic, Financial Times e The Guardian. Foi galardoado com premios do Overseas Club of America e do Consorcio Internacional de Xornalistas Investigativos.

Khalil Bendit é coautor do Zahra’s Paradise, obra publicada en dezaseis linguas e nominada a dous premios Eisner. Tamén recibiu o premio James Aronson de Xornalismo. As súas viñetas politicas son publicdas en mil setecentos media de todos os Estados Unidos.